Santiago

Despregue policial para controlar centos de rapaces apelotonados na porta dunha discoteca en Santiago

Pouco antes das doce da noite, os axentes resolveron a situación desaloxando aos mozos, que se queixaban de mala organización // O xerente do local asegura que o protocolo de acceso era “correcto” e que foi a xuventude quen non se soubo comportar

    Cargando reproductor ...
    Cargando reproductor ...
    Cargando reproductor ...
    Cargando reproductor ...
  • 01 jul 2021 / 23:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O día primeiro de xullo será recordado en Galicia polo retorno de mozos e mozas afectados polo macrobrote de COVID de Mallorca, moitos deles positivos, e polo importante incremento de contaxios, especialmente de persoas novas, que constituíu un punto de inflexión na desescalada programada polas autoridades. Esta situación está provocando mesmo a criminalización da xuventude e unha reflexión de cara a actitudes futuras na loita contra a pandemia, e aínda así, este mesmo xoves pola noite a policía de Compostela viuse obrigada a actuar na rúa Pérez Costanti fronte as portas dun local de ocio nocturno nas que se apelotonaban centos de rapaces e rapazas sen gardar as oportunas medidas de seguridade para protrexerse fronte o coronavirus. A preparación previa parece que non foi suficiente e finalmente impúxose o instinto da multitude. Ante a preocupante situación, media ducia de coches do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local de Santiago, coas súas correspondentes dotacións, acodiron para tratar de poñer orden. Os mozos, que se queixaron pola “mala organización” e que mesmo (algúns) increparon aos axentes, foron desaloxados pouco antes das doce. Os responsables do local, que prevía abrir ás 23 horas, finalmente decidiron mantelo pechado. En declaracións a EL CORREO, o xerente asegurou que o protocolo de acceso era “correcto” e que foi a xuventude a que “non se soubo comportar”, polo que decidiu non abrir a discoteca esta noite. Tamén prestou declaración ante os axentes da Policía Local que se desprazaron ata este punto da capital galega.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.