Especial Festa do Marisco do Grove
Un galardón con moitos anos de historia
O premio Lola Torres será entregado ao restaurante Casa Botín durante a Festa do Marisco

Persoal do restaurante Casa Botín / ECG
Redacción
O restaurante madrileño Casa Botín recibirá o Premio Nacional de Gastronomía Tradicional Lola Torres no marco das festas do Grove. O galardón, convocado anualmente pola Fundación Amigos de Galicia, coa colaboración do Concello do Grove e a Xunta, nace no ano 2002, como homenaxe a todos os cociñeiros galegos que fixeron cátedra nos fogóns e que puxeron no lugar que lle corresponde á cociña tradicional galega.
Como homenaxe ás mulleres que estaban á fronte dos fogóns das cociñas galegas nos anos de post – guerra, o premio acordou chamarse Lola Torres, en honra á cociñeira do Grove que se converteu nunha das referentes galegas da cociña tradicional. Con dezaoito anos de historia, o premio xa foi outorgado a grandes referentes da cociña tradicional, como Josefina Vilas (Santiago), Asunción López (Viuda de Trives), Carmen Roel (El Mosquito, Vigo). Este galardón segue apostando por homenaxear aos grandes referentes da gastronomía española, e, tras valorar as 145 propostas presentadas, a maioría delas procedentes de Euskadi, Madrid e Andalucía ademais de cinco candidaturas de Portugal, o XVIII Premio Nacional de Gastronomía Tradicional Lola Torres será entregado ao Restaurante Casa Botín de Madrid.
O xurado quixo destacar a cociña tradicional deste restaurante,-sendo o máis antigo do mundo mantendo a súa actividade ininterrompidamente desde 1725, elaborada nun vello forno alimentado con leña de aciñeira que permaneceu en funcionamento desde a súa fundación. O xurado tivo en conta a calidade das materias primas coas que elaboran os seus pratos, entre as que destacan os asados de cordeiro e cochinillo, sendo un referente da cociña tradicional castelá.
Coa concesión deste galardón, que será entregado no día 11 de outubro nun acto que terá lugar ás 12.30 horas no Concello do Grove coincidindo coa Festa do Marisco, tamén se quixo valorar a historia deste clásico restaurante que creceu case ao mesmo tempo que a cidade de Madrid.

Contido patrocinado polos seguintes comercios / Cedida
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Más de 400 vecinos disfrutan en el Cruceiro da Coruña de la primera sardiñada de la temporada en Santiago
- Esperan abrir el Pazo do Cotón en menos de 3 años: 'El proyecto hotelero más importante de Galicia a nivel de recuperación
- San Martiño Pinario revive el Santiago de 1976 con '50 anos aló': 'Esta festa creceu moito
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Cortizo y la UDC unen fuerzas para crear un máster que conecte universidad e industria en fachadas ligeras