A arte máis nova chega á Galería Dupla con ‘El cubo perfecto’

O pasado 1 de decembro inaugurouse na Galería Dupla (Fonte de Santo Antonio) a mostra ‘El cubo perfecto’, unha exposición que xoga coa dualidade, unha vez máis, e neste caso “se eleva la dupla al cubo de la mano de ocho artistas”, comunican dende a galería. Trátase das obras de Alba Galocha, Alberto Ash, Enay Ferrer, Iván Prieto, Lara Pintos, Lula Goce, Mey Pais e Mario Soria. A mostra pode visitarse hoxe de 11 a 14 e de 17 a 20 h

O psiquiatra Víctor Pedreira diserta hoxe na sede do Ateneo de Santiago CEDIDA

A saúde mental a debate no Ateneo de Santiago

Dentro do ciclo ‘Luns do Ateneo’ hoxe imparte unha charla o médico-psiquiátra Víctor Pedreira. Baixo o título ‘Por que é urxente falar de saúde mental?', a conferencia iniciarase ás 19.30 horas no local do Ateneo de Santiago (rúa do Vilar, 19). “A sociedade cada vez é máis consciente da importancia que ten a saúde mental, sendo a causante de moitos trastornos que poden incluso pasar do psíquico ao físico”, comunican dende o Ateneo, por iso a intención da charla é a de “coñecer aspectos relevantes do coidado da nosa saúde mental e a preocupación que debemos amosar por este tipo de problemas". O doutor Pedreira foi durante 36 anos profesor de Enfermería en Saúde Mental na Escola Enfermaría de Pontevedra, ademáis de xefe do servizo de psiquiatría do hospital pontevedrés.

Presentación na Libraría Lila

A autora boliviana, Danitza Luna, integrante do Movemento feminista ‘Mujeres Creando’, presenta hoxe na libraría Lila, ás 18.30 horas, o seu libro Conceptos fundamentais para as loitas feministas, unha adaptación baseada en Calibán e a Bruxa, de Silvia Federici. A obra de Luna, ademais de supor un achegamento a estes textos, incorpora ilustracións que a dicir da propia Silvia Federici “están realizadas con rabia, creatividade e humor”.

Detalle dunha escultura de Margot García CEDIDA

Mostra de esculturas e acuarelas no Tambre

As artistas Margot García e Lupe Silva, escultora e acuarelista, respectivamente, protagonizan a última mostra organizada pola Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET). O centro empresarial acolle unha trintena de obras que poden visitarse hoxe mesmo, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00, de luns a venres. Ambas artistas, residentes en Melide, son afeccionadas á arte, e aprenderon estilos e técnicas de forma autodidacta, completando a formación con cursos de arte.