Carnaval ‘na horta’, dóces e música no Gaiás

O Entroido do Gaiás ambiéntase este ano na horta, polo que dende a Cidade da Cultura convídase a participar á veciñanza a partir das 16.30 horas, xa sexa como verza, como pataca, como tomate...

Ademais de desfile e concurso de disfraces a programación para este luns de Carnaval conta coa música de Brais das Hortas, que deleitará a quen se achegue cun ‘Consertasso” que dará comezó ás 17.30 horas.

Logo do desfile, previsto para as 18.30 h., no que se premiarán as tres caracterizacións máis orixinais vinculadas á temática hortense, volverán a música e o baile para un fin de festa do máis animado. Pequenos e maiores poderán danzar cos temas que elixa o DJ convidado, ademais de divertirse coa animación teatral contratada para a ocasión. E, como non! Haberá dóces!

Luns de Entroido bótase á rúa: charangas, comparsas e animación teatral 

A praza do Toural ateigouse este sábado coa xente que acompañou o Meco ao pazo de Bendaña Antonio Hernández

A programación para celebrar hoxe o Entroido vén cargada de música. A xornada dá comezo ás 18 h. con dous eventos: a charanga Os Bandiños e a comparsa de Maruxas e Coralias entre Santa Clara e Cervantes e a ‘Mascarada Tour’, entre Toural e Praterías, con Nauta Teatro e Títeres Alakrán.

Entre as 18 e as 20 horas a festa irá da praza Roxa até a rúa de San Pedro da man da charanga Santa Compaña e os Armatroulas de Laraño.

Pintura en feminino na Galería Luisa Pita

A Galería de arte Luisa Pita abre esta tarde as súas portas (de 17 a 20.30 h.). Quen se achegue ao local da rúa Cardeal payá poderá gozar coa “emocionante e exuberante” pintura de tres artistas de recoñecido prestixio: Menchu Lamas, Ana Margarita Ramírez e Rut Massó.

Poder interior’ é o título desta mostra colectiva que pretende poñer a “dialogar as estéticas e os discursos” desta pintoras que “abordan a práctica artística no bidimensional a través de códigos y procesos disímiles”.

Detalle dunha das obras expostas na galería Luisa Pita Cedida

Mostras de novela, ilustración e danza na Ánxel Casal

 Unha alternativa para comezar a semana con actividade cultural é a biblioteca pública, e non só para escoller unha boa lectura. Na Ánxel Casal podemos gozar con varias exposicións, dende a conmemoración dos 25 anos do falecemento do autor Torrente Ballester ata a mostra do ilustrador gráfico Chichi Campos.

E para os amantes do baile, as fotografía ‘Lecturas que danzan’. A biblioteca está aberta até ás 21 h.