Axenda cultural: que facer hoxe, luns 26 de febreiro, en Santiago?

Aldara Cidrás, doutora en Historia Contemporánea, dará a charla no Ateneo / Cedida
Compostela (etno)gráfica, nos Luns do Ateneo
AS 19.30 horas de hoxe o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Compostela unha conferencia titulada «Pasados, presentes e futuros urbanos. O proxecto Compostela (etno)gráfica».
Estará impartida por Aldara Cidrás, doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago. Compostela (etno)gráfica é un traballo de investigación e divulgación iniciado en 2022 grazas ao recoñecemento da Deputación da Coruña.
Partindo do estudo da gráfica comercial no casco histórico de Santiago de Compostela, achégase ao pasado da cidade e reflexiona sobre o seu futuro, atravesado pola xentrificación e a turistificación.
Os rótulos actúan no proxecto “como un dispositivo que vehicula conversas, ás veces incómodas, sobre nós mesmas e o espazo que (des)habitamos”, indican os organizadores.
Inauguración da exposición colectiva Trébedes no Centro Empresarial do Tambre

Detalles dunha das obras de Nietto, presentes na exposición / CEDIDA
A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará hoxe a exposición colectiva Trébedes dos pintores Ehlaba, Lola Sanz e Nietto, ás 20 horas.
A mostra poderase visitar no Centro Empresarial do Tambre ata o 22 de marzo, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas (recoméndase avisar previamente da visita no teléfono 981 55 28 50).
Coloquio sobre historiografía na Idade Media
O coloquio internacional ‘A historiografía na longa Idade Media’ desenvólvese na Sala do Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia entre o luns e o mércores. A inauguración é hoxe as 09.00 horas.
As xornadas arrancarán cunha mesa redonda sobre a historiografía medieval nos seus temas, moderada por Antonio Huertas Morales, da Universidad Rey Juan Carlos) e durante os tres días participarán expertos de varios campus.
Alvite presenta ‘Negu Hurbilak’ en Numax

Fotograma do filme, ‘Negu Hurbilak’ / CEDIDA
Numax retoma o ciclo Os ollos verdes, que presenta filmes non estreados en salas comerciais. Este luns proxecta Negu Hurbilak, obra do Colectivo Negu.
O filme viaxa a 2011, cando o conflito armado en Euskadi semella chegar á súa fin e unha moza tenta cruzar a fronteira. Arranca así unha obra orixinal e suxestiva que indaga no silenzo que, aínda hoxe, rodea o conflito vasco.
O pase terá lugar ás 19:55h e contará con presentación de Santiago Alvite Rueda, asesor da película.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»