AGalega estrea este martes ‘Curando o mundo’, unha serie documental sobre o cirurxián galego Diego González Rivas
A produción percorre países como Serra Leoa, Liberia, China, Romanía, Kuwait, Bosnia, Portugal e España

Diego González Rivas (centro), durante unha operación en Serra Leoa / Cedida

A plataforma dixital AGalega estrea hoxe os dous primeiros capítulos da serie documental Curando o mundo, unha produción que achega o traballo do cirurxián coruñés Diego González Rivas –profesional que está a revolucionar a cirurxía torácica coa súa técnica UniportalVATSeRats, coa que operou xa máis de 7.000 pacientes en 129 países– percorrendo partes do mundo como Serra Leoa, Liberia, China, Romanía, Kuwait, Bosnia, Portugal e España.
Cantos capítulos ten 'Curando o mundo'?
A serie, composta por seis capítulos e grabada o pasado ano, xurdiu a raíz dunha intervención de Diego González Rivas en Historias a pedais, programa da Televisión de Galicia (TVG) presentado polo exciclista Oscar Pereiro. “Tralo meu paso por aquel programa, unha persoa relacionada ca productora de Historias a pedais, que tiña un cáncer de pulmón, tentou contactar conmigo. Aquel caso non foi operable pero dinlle un tratamento co que respondeu ben. Entón, a productora propuxo facer esta serie documental máis profunda sobre a miña vida, percorrendo o mundo para operar e ensinar”, sinala González a EL CORREO GALLEGO, que o elixiu Galego do Ano en 2023.
Curando o mundo permite aos espectadores adentrarse no día a día de Diego González Rivas en países moi diferentes, vendo como xestiona o choque cultural, o tratamento da morte e da esperanza ou as condicións de vida. Os dous primeiros capítulos, ambientados en Kuwait e Serra Leoa e Liberia, pódense ver desde hoxe na plataforma dixital de AGalega e, cada martes, sumarase unha nova entrega ata completar os seis episodios cos que conta unha serie que González Rivas tilda de “pura aventura que mostra o lado bo e o lado malo” do seu traballo.
“Cada capítulo é diferente, no que grabamos en Shangai móstrase toda a tecnología máis avanzada e, despois, ves o contraste cos países máis pobres do mundo, Liberia e Serra Leoa. Os capítulos de Liberia e Serra Leoa son un reflexo de que nada é imposible. De feito, no episodio adicado a estes dous países foi a primeira misión da Fundación Diego González Rivas en África. Alí, compramos todo o material, tamén as cámaras, porque non había en todo o país, e o donamos para a xente. Foi un auténtico reto, porque era a primeira vez que facía algo mínimamente invasivo neses países, nin sequera unha ciruxía de vesícula, nada”, declara Diego González Rivas.
- El pueblo medieval de Galicia que se convierte en la capital del arte: 25 espectáculos desde el viernes para reír, emocionarse y vibrar
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- De una punta a otra de España en tiempo récord: tres radares de Tráfico cazan al mismo conductor en Galicia, Zamora y Jaén más de 200 kilómetros por hora
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Air Nostrum recupera este verano una de las conexiones más singulares para Santiago
- Alquilar junto al mar en Galicia: de los 622 euros de Narón a los 1.352 de Sanxenxo