Opinión | Tribuna

O arrebato cinematográfico de Rey Soto

Neste diario publicamos (5-03-2023): Sublimación e resiliencia (Na obra de José Gil), recensión do libro de Manolo González: Para unha historia do cinema en lingua galega. Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil. No recentemente publicado: O benshi de Galicia o arrebato cinematográfico de Rey Soto (editorial Alvarellos, 2023), González introdúcese na vida de Antonio Rey Soto (Santa Cruz de Arrabaldo - Ourense, 1879 – Madrid, 1966), como antes o fixera na de José Gil, O importante

–Freud–, non é ocuparse do saber dos mestres, senón da a súa vida persoal. 

Rey Soto, é un crego: “poeta, escritor, bibliófilo, cineasta, bohemio, sibarita..., un sedutor de ollos verdes redondos e penetrantes, do cal Castelao a quen casara, deixounos unha suxerinte caricatura. Un príncipe atractivo, envolto nunha elegante sotana de seda, cas damas sempre suspiraban tras dos abanos. Unha celebrity, que en 1920, é nomeado membro da RAG, nun acto no Salón Rexio do Gran Hotel do Balneario de Mondariz, xunto a Ramón Cabanillas e en 1922, funda a produtora Celta Film en Vigo con Antonio Mendez Laserna e rodan a película: Un viaje a través de Galicia y Asturias, para promocionala en América. En cada proxección Rey Soto narráballe ao publico–emigrantes galegos, principalmente– os contidos do filme, exercendo de benshi, esa figura do cinema mudo xaponés, que explicaba, a trama das películas mudas en Xapón.      

Recen ordenado sacerdote Soto, entra como capelán na casa dun ilustre ourensán Isidoro de Temes y Sáenz (1856-1918), casado coa marquesa Ángela Santamarina Alduncin (1863-1956), unha das sagas mais adiñeiradas, cosmopolitas e ilustres de Galicia. 

Nomeado pola marquesa o seu capelán persoal, protéxeo e patrocínalle economicamente a súa bibliofilia e colección de libros antigos, raros e valiosos relacionados con Galicia. Era notorio nos cenáculos artísticos, a intensa relación do capelán coa marquesa. Tratábase dunha relación de amor, asociada a paixón, e o desexo que provocaría rupturas, celos e sufrimentos? Con toda seguridade o amor de ámbolos dous ía mais alo do amor edipiano, transmitíndolle a pulsión a un poeta talentoso que o conduciría o éxito. En 1904 dedicaralle o poema: Los suspiros. A relación entre o crego e a marquesa perpetuaríase, a pesar das rupturas e ás separacións. A dor sufrida do obxecto amado sempre volve de novo. 

A morte do marido da marquesa (1918), os rumores e a presión cidadán, é cada vez mais intensa, e Rey Soto decide poñer terra por medio, viaxando a Cuba, México, e os EE.UU (1921). Curiosamente coincidiría no mesmo barco que fai a ruta Cuba México e México EE.UU con Valle-Inclán. Sabendo o un do outro, non se dirixiran a palabra. Politicamente estaban moi distanciados.  

En 1922, as cousas aínda se complicarían mais, o bispo da Habana envía unha maliciosa carta o novo bispo de Ourense, e tamén a marquesa cualificando como un “cura depravado e pervertido”, masón, bohemio... que estaba camiño de secularizarse. A marquesa indignada racha definitivamente toda relación laboral e persoal co seu capelán e confesor. Non volveran a falar ata finais do 1922.

En 1923 viaxará de novo a Cuba ca película: Un viaje a través de Galicia y Asturias, de Celta Film. A asistencia as proxeccións seria desastrosa, o bispo da Habana tachara ao crego de “sacerdote disoluto e aventureiro”, recomendándolle aos cristiáns e homes de ben, así como aos Caballeros de Colón, que non asistiran a película. 

Rey Soto, regresaría a Galicia en 1931, e retoma a relación coa marquesa, que volvera a axudalo economicamente para instalarse en Madrid, e viaxaran xuntos por Europa. A vella marquesa –comentase–., “non sabe que facer para telo contento, e que non se volva a escapar”. Cando morre a marquesa (1956), metese monxe mercedario e coida da súa biblioteca que depositara no mosteiro de Poio, tan fastosa como a do libro: O nome da rosa”.