Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 agosto 2020
22:26
h

Galicia suma 13 positivos máis e rexistra 321 casos activos

O número de pacientes hospitalizados permanece en 13, un deles na UCI

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 321, 13 máis que onte. Deles 118 son da área da Coruña (fronte aos 107 de onte), 70 da de Lugo, 18 da de Ourense, 25 da de Pontevedra, 63 da área de Vigo, 25 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 308 no domicilio, 14 máis que o sábado. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.302 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 253.196.

02 ago 2020 / 12:55
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.