28-M

Verea esgotará os prazos para dar a coñecer a súa lista, na que apostará pola renovación

Borja Verea no comité executivo

Borja Verea no comité executivo / ecg

ECG

Borja Verea, canditato do PP á Alcaldía de Santiago, celebrou este xoves un comité executivo para encarar a recta final das eleccións municipais. O popular afirmou que “somos claramente a primeira forza da cidade, e quedan 80 días para conseguir esa gran maioría que nos permita gobernar Santiago e levala ao século XXI”, polo que “debemos seguir traballando como ata o de agora, estando na rúa e escoitando aos veciños para presentar un programa de goberno sólido e solvente”. Dixo estar “convencido de que o imos conseguir porque chegou o momento do cambio, a xente está decepcionada coas mesmas políticas de hai 30 anos”. Con respecto á lista, dixo que esgotará os prazos para dala a coñecer pero avanzou as premisas para formar parte da mesma: “Ao igual que tras as primarias do pasado maio levouse a cabo unha renovación total do partido, na lista haberá tamén unha forte renovación”, avanzou.