Síguenos en redes sociales:

Santiago terá o venres servizos mínimos de autobús pola folga do transporte

O servizo de transporte urbano da cidade compostelana verase afectado xa que se rexe polo convenio provincial da Coruña.

Santiago terá o venres servizos mínimos de autobús pola folga do transporteAntonio Hernández

O sector do transporte de pasaxeiros por carretera de Galicia convoca para o venres 31 unha folga ante a paralización dos novos convenios colectivos provincias, segundo acordaron os sindicatos CIG, CC.OO. e UGT. O servizo de transporte urbano da cidade compostelana verase afectado xa que se rexe polo convenio provincial da Coruña. Unha das liñas perxudicadas é a liña 1 que une o cemiterio de Boisaca co Hospital Clínico que habitualmente funcionaba de 8.00 a 22.40 horas e cada 16 minutos pasará a funcionar cada corenta minutos. Tamén a liña 4, que vai do Romaño ata Cancelas, en horario de 8.00 a 23.00 horas con enlaces cada trinta minutos duplicarase o venres ata unha hora e a Circular de Fontiñas, que tamén ten autobuses en circulación dende as 8.00 ata as 23.00 horas, demorarase un total de 18 minutos a pasar dos trinta minutos habituais aos doce.

Servizos mínimos da transporte urbano do venres 31 de marzo de 2023

A maiores, as liñas 12, 13, 15, C4, C5 e C6 quedarán sen servizo, segundo informou onte o Concello na súa páxina web.

Pulsa para ver más contenido para ti