A Tropaverde SCQ chega ao seu fin en Santiago de Compostela

A asociación remata por non poder contar co apoio do Concello de Santiago de Compostela

Imaxe dun evento de Tropaverde

Imaxe dun evento de Tropaverde / Concello de Santiago

Redacción

Tropa verde SCQ pon fin a súa etapa. Os asociados recibiron unha carta agradecendo profundamente a súa participación e implicación no proxecto ao longo de 8 anos de traballo polo coidado medioambiental e por ter confiado e participado nas accións que se crearon.

Tropa verde afirma que están felices dos resultados obtidos neste tempo, e de ter sido testemuñas de como a implicación da sociedade compostelá vai crecendo ano tras ano.

A asociación remata por non poder contar co apoio do Concello de Santiago de Compostela, co que tentaron ter unha reunión sen éxito durante os meses pasados.

O peche definitivo da plataforma será o vindeiro 17 de maio de 2023 por ser esta a data de nacemento da iniciativa, coincidindo cunha celebración triple: o Día das Letras Galegas, da Reciclaxe e de Internet.