Orquesta Panorama, Ana Moura e Ortiga e Pili Pampín entre a oferta da Ascensión 2023

Como en edicións anteriores todas as actividades son de balde e até completar a capacidade do lugar no que se desenvolvan

Orquestra Panorama, Ana Moura e Ortiga e Pili Pampín entre a oferta da Ascensión 2023

Orquestra Panorama, Ana Moura e Ortiga e Pili Pampín entre a oferta da Ascensión 2023 / ECG

Ana Triñanes

O concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, presentou esta mañá en rolda de prensa o programa das Festas da Ascensión 2023. Entre as novidades máis destacadas da programación están o concerto de Ana Moura na Quintana o día 17, o ComposFest que se celebra o día 19 e, por primeira vez, en colaboración coa S.D. Compostela.

Tamén estarán nesa praza Ortiga e Pili Pampín o día 21, e o xoves da Ascensión (día 18) a Orquestra Panorama agarda un cheo completo ás 22 horas na Praza do Obradoiro.

Máis alá dos concertos, a Ascensión 2023 tamén vai contar coa organización do I Encontro de Construción de Instrumentos Musicais, que transcorrerá os días 19, 20 e 21 de maio en San Agostiño e para o que se conta coa presenza de destacados luthiers.

Este ano o programa amplíase nun día, desde o 16 ao 21 de maio, aínda que as atraccións xa estarán na Alameda desde o sábado 6 e até o día 28. Como en edicións anteriores todas as actividades son de balde e até completar o aforo do lugar no que se desenvolan.