O BNG presenta a documentación que "acredita" que a parcela do antigo Peleteiro é da SAREB e pode cederse ao Concello de Santiago
“Xa abonda de sementar dúbidas por parte do PSOE e esixímoslle que se poñan a traballar para conseguilo”, sinala Goretti Sanmartín
Redacción
A candidata do BNG á Alcaldía, Goretti Sanmartín, presentou a documentación que acredita que o 100% da titularidade da propiedade da parcela de Peleteiro é de Árqura Homes, a promotora inmobiliaria da SAREB. “Xa abonda de sementar dúbidas por parte do PSOE sobre esta propiedade e sobre a posibilidade que se abre para ampliar o parque de vivenda protexida; esixímoslle que demostren a defensa dos intereses da cidade e se poñan a traballar para conseguir que prospere esta medida anunciada polo Goberno do Estado e que pode beneficiar Santiago de Compostela con esta cesión de solo”, advertiu.
O BNG requiriu esta documentación do Rexistro da Propiedade previamente á presentación da iniciativa que o deputado Néstor Rego trasladará ao Congreso para reclamar a cesión desta parcela da SAREB ao Concello de Santiago, ao abeiro do anuncio do Goberno do Estado. Cómpre lembrar que nun terceiro eixo das medidas para a construción de 15.000 vivendas adicionais destinadas a aluguer social e asequíbel incorpórase a vía da cesión de solos urbanizábeis da SAREB ás administracións, un caso en que se pode situar a parcela de Peleteiro.
Desde o BNG reclámase que, tras 20 anos de sentenzas, recursos e intentos de acordo fracasados poida ser realidade esta posibilidade de facer efectiva a cesión da parcela de Peleteiro ao Concello de Santiago para destinala a uso público e favorecer a construción de vivenda pública de aluguer, un centro de día, un centro sociocultural, instalacións deportivas e unha praza aberta para o encontro e o lecer; dotacións necesarias para incrementar a calidade de vida da veciñanza.
“Ou candidato do PSOE descoñecía de quen era a parcela de Peleteiro, que xa é grave, ou está tentando ocultar que a promesa de Pedro Sánchez de ceder parcelas da SAREB para construír vivendas non é real”, indicou. "Porque senón non se entende que Xosé Sánchez Bugallo non defenda os intereses de Santiago cando o que fai é poñer enriba da mesa do Goberno español unha opción que está dentro das que Pedro Sánchez acaba de ofrecer como posibilidade para a construción de vivenda en réxime de alugueiro social que podería facer realidade a construción desa vivenda de protección pública para alén das dotacións de infraestruturas necesarias e rematar, ademais, coa afectación negativa á veciñanza que outros proxectos podían ter", engadiu a candidata.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local