O Consello da Cultura analiza os desafíos do galego dentro do foro ‘Pensar no mundo’
O Consello da Cultura Galega dedica a cuarta xornada do foro ‘Pensar o mundo’ dende Galicia, co que celebra o seu 40º aniversario, a situar o idioma galego no contexto lingüístico actual. A cita fai unha parada para revisar os retos do galego no contexto actual, no que existen outras dinámicas lingüísticas asociadas ás novas mobilizacións da cidadanía e ás tecnoloxías. Esta sesión do foro titúlase “O desafío do galego nas sociedades multilingües” e está coordinada por Dolores Vilavedra. Nela participan destacados profesionais como Peter A. Kraus, da Universidade de Augsburgo, ou Bernadette O’Rourke, da Universidade de Glasgow. A cita terá lugar o xoves 8 de xuño na sede do CCG e ten aberta a inscrición.
O foro ‘Pensar no mundo’ reflexiona arredor de cuestións candentes no mundo actual e está estruturado en oito xornadas con periodicidade mensual (de marzo a novembro de 2023). O obxectivo da do xoves é debater sobre as posibilidades que para o idioma galego se abren nun futuro que se contempla como un contexto de profunda transformación no relativo á ecoloxía da diversidade lingüística e de reforzo do plurilingüismo. “E isto vai acontecer en sociedades que verán como os avances tecnolóxicos crean novas condicións de posibilidades para esa diversidade”, indica o Consello da Cultura.
Temas
Más en Santiago
-
Homenaje a Nélida Piñón y su vínculo inquebrantable con Galicia y Compostela
-
La USC nombra dos nuevos doctores "honoris causa"
-
Urbanismo ultima o concurso de ideas para “repensar” o deseño do eixo A Senra-Virxe da Cerca
-
O principio de acordo para o párking do CHUS une ao PP e a Raxoi pero o PSOE veo como “papel mollado”