Santiago acollerá a segunda edición do Cumio Galego contra o Discurso do Odio
O obxectivo é achegar recursos para combatelo dende a educación e os movementos sociais

Los discursos del "odio": racismo y otras formas de discriminación
Redacción
A cidade de Santiago acolle os días 15 e 16 de xuño a segunda edición do Cumio Galego contra o Discurso de Odio. O obxectivo destas xornadas é entender as dinámicas que o sosteñen, pero tamén achegar recursos, experiencias inspiradoras e testemuños dos que aprender en dous ámbitos moi concretos: a educación e as organizacións e movementos sociais.
A cita está impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD no marco de Compostela+Solidaria, un programa financiado polo Concello de Santiago a través da Unidade de Atención ás Migracións-UAMI. O Cumio conta tamén coa colaboración da Universidade de Santiago e das organizacións EAPN-Galicia, Agareso e Ecos do Sur. Terá lugar no edificio CIEDUS na Finca de Vista Alegre.
O xoves 15 de xuño é unha xornada especialmente dirixida á comunidade educativa e equipos técnicos de Educación para a Cidadanía Global, coa ponencia Educando na diversidade. Nela participarán Ovidio Villar, docente e impulsor de numerosas iniciativas no IES Carlos Casares de Viana do Bolo; Sonia Díaz, técnica de Educación para a Cidadanía Global de Agareso, e Marta G. Franco, hacktivista e xornalista do equipo de La Intersección e iniciativas como @nolesdescasito.
A xornada do 16 de xuño desenvólvese en horario de mañá e tarde (09.00-14.00 e 15.30-17.00) e está aberta a organizacións e colectivos sociais diversos, así como a persoas con interese na comunicación, a tecnoloxía ou a educación. Terá duas ponencias: a da xornalista e investigadora Paula Guerra Cáceres, co-coordinadora do colectivo AlgoRace e a da xornalista Vivian Rangel, investigadora e docente de maldita.es.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El electricista que ilumina Santiago: «Calquera rúa do casco vello con luces de Nadal é máis bonita que unha de Vigo»
- Accidente en Santiago: los bomberos trabajan para liberar a posibles víctimas atrapadas en un coche volcado
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- El pueblo gallego que se transforma y brilla con luz propia en Navidad: a poco más de una hora de Santiago
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza
