O PP de Santiago esixe a Raxoi solucións ao caos circulatorio polas obras de Pastoriza

O concelleiro popular Adrián Villa denunciou que a falta de vías alternativas está obrigando aos composteláns a usar rúas de acceso restrinxido

Adrián Villa indicou que durante a tarde non se está a traballar na obra

Adrián Villa indicou que durante a tarde non se está a traballar na obra

El Correo Gallego

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, lamentou que o edil de obras siga sen aportar solucións ao caos circulatorio que rodea A Pastoriza tras comprobar que son os propios conductores os que están “creando” rutas alternativas para salvar os atascos que se forman diariamente desde que empezaron as obras.

Villa denunciou que a falta de solucións do goberno está obrigando aos composteláns a usar rúas de acceso restrinxido ou para residentes como a Rúa do Espírito Santo ou a Costa do Vedor para escapar das retencións da obra da Pastoriza. E é que son precisamente eses viais, xunto coa Rúa de San Pedro os que deberían plantexar desde o Concello como rutas alternativas mentres duren as obras, porque “non estamos a falar de 15 días, falamos dun corte que como mínimo durará 3 meses, iso se temos sorte na execución da obra”, advertiu o edil popular.

Neste senso denunciou que desde o concello se resignen a sufrir eses atascos mentres dure a obra con declaracións por parte do concelleiro de obras calificando de normais as retencións ata que a xente atopase vías alternativas para moverse. Para Villa “está claro que xa as atoparon, pero estaría ben que estivesen habilitadas por parte do concello de maneira oficial”; e pediu ao goberno do BNG que abandonen a súa actitude de oposición a pesar de que teñen 6 concelleiros de 25 e asuman que estar no goberno significa xestionar e atender aos veciños, non agardar a que as cousas veñan soas.

“Estamos vendo exemplos todos os días - lamentou Villa - da incapacidade de xestión por parte deste goberno, como a ausencia de diálogo coas anpas dos colexios afectados por estas obras, que non só intentaron poñerse en contacto co concello senón que ademais lles enviaron posibles solucións a este caos circulatorio, e cal foi a resposta?”, preguntouse o edil popular. O silencio, lamentou,” un silencio que se está a replicar noutros ámbitos polo que nos trasladan os veciños, que denuncian a falar de interlocutor no concello”.

Villa indicou tamén que durante a tarde non se está a traballar na obra. Cuestión que comprobou a presente semana de primeira man. Neste senso o concelleiro manifestou que sería lóxico que o goberno buscase fórmulas para que os traballos se realicen durante todo o día e así se poida cumprir, ou incluso reducir, o prazo de execución desta obra que está a perxudicar a un gran número de composteláns.

Por todo isto, insistiu o edil popular, agardamos que a Sra. Sanmartín tome cartas no asunto porque está claro que tanto o concelleiro de obras como o de mobilidade están totalmente incapacitados para solventar esta situación”.