Os socialistas de Santiago prometen pedir medidas de seguridade viaria na senda de Figueiras

Aitor Bouza reuniuse coa asociación Aba do Pedroso para atender as súas demandas

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza / Jesús Prieto

Redacción

Os socialistas composteláns reuníronse esta semana coa asociación Aba do Pedroso para escoitar as “súas demandas” en relación coas obras que está a executar a Deputación da Coruña entre o Carme de Abaixo e a Selva Negra.

Ao encontro do entidade veciñal asistiron o secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza, a deputada provincial responsable, Mónica Rodríguez, e o portavoz do grupo municipal, Gonzalo Muíños.

Bouza asegurou que no encontro coa xunta directiva da asociación e tamén con parte da veciñanza “achegáronnos aquelas cuestións que lles preocupan” en relación con estas obras. Cuestións sobre as que o secretario xeral dos socialistas se comprometeu a trasladar ao Goberno local a través do seu partido.

Unhas inquedanzas fundamentalmente referidas ás actuacións de mellora da seguridade viaria na contorna da senda peonil que se está a executar.

A Deputación destina a estas obras uns 900.000 euros, para a construción desta senda peonil de 2,56 km., un proxecto que impulsado polo goberno de Sánchez Bugallo que busca unir a zona urbana da cidade con Figueiras, ampliando o ancho da beirarrúa de 0,5 a 2,8 metros.