Dúas semanas para a posta en funcionamento da zona ORA nos arredores do Hospital Clínico
Con esta medida o Goberno local busca incentivar a rotación nos estacionamentos da área
O edil Xan Duro insistiu en que o obxectivo "é evitar a presenza dos chamados vehículos ventosa, aqueles que permanecen estacionados na mesma praza durante longos periodos de tempo"
A Xunta de Goberno local aprobou este luns a creación de prazas da zona ORA na contorna do Hospital Clínico, tal e como se anunciou no momento de presentaren o informe enviado á Xunta de Galicia para negociar a mobilidade na contorna do CHUS e pese a que as propostas do Executivo municipal non foron acetadas pola Adminstración autonómica. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, insistiu unha vez aprobada a medida en que os cambios “responden por unha banda á alta demanda de aparcamento vinculada á situación do CHUS, e pola outra ao estudo sobre a ocupación das zonas verdes e a peticións que foron achegadas pola veciñanza”.
Desta maneira, o Concello prevé ter habilitadas en arredor de 15 días 287 prazas de estacionamento de zona azul que situarán na avenida de Barcelona (110 prazas), na rúa de Antonio Rama (32 prazas), na rúa Manuel Caeiro (16 prazas), na avenida de Bilbao (43 prazas), na rúa Sempre en Galiza (40 prazas) e na rúa Valentín Varela Iglesias (22 prazas).
Estas novas prazas non teñen rotación obrigada, aínda que incentivar o movemento é un dos obxectivos da concellaría de Mobilidade, tal é como recalca o concelleiro Xan Duro, “evitar a presenza dos chamados vehículos ventosa, aqueles que permanecen estacionados na mesma praza durante longos periodos de tempo, habitualmente durante a semana laboral”. Así poderase renovar o tíquet cada dúas horas sen obriga de mover o vehículo.
Noutras 24 prazas combinaranse franxas horarias de ORA e de carga e descarga -na rúa de Antonio Rama e na avenida de Barcelona-.
Modificacións na zona de residentes de Santa Marta
En canto á área de Santa Marta reservaranse 11 prazas para residentes 24 horas no barrio de San Ignacio de Loyola, e outras 7 para residentes en horario nocturno. Na rúa Doutor Maceira, no barrio de Conxo, acordáronse dous cambios: entre os números 10 e 14 as 10 prazas xa existentes na modalidade de residentes en horario nocturno pasarán a ser de residentes 24 horas; mentres que na parte baixa desa mesma rúa, a marxe dereita será de estacionamento libre unha vez finalizada a ORA. Unha decisión esta última tomada en base aos baixos niveis de ocupación nocturna por parte dos residentes.
Neste mesmo expediente aprobado pola Xunta de Goberno inclúese para rúa de Camilo Otero unha zona ORA de longa duración, co que as 94 prazas de estacionamento dispoñibles nesta vía que une Conxo co Restollal, funcionarán co mesmo sistema que está a funcionar o aparcadoiro da Pontepedriña.
Na zona do Ensanche a Xunta de Goberno acordou que as prazas de estacionamento das rúas da Rosa e República do Salvador, que funcionan baixo o réxime da ORA fóra do horario de carga e descarga, pasen a ser prazas de estacionamento express de 15 minutos. En cada unha das rúas, haberá 2 prazas reservadas a persoas con mobilidade reducida, unha reserva que tamén se aplicará na única praza de zona azul situada na Virxe da Cerca.
Máis reserva para residentes
A Xunta de Goberno acordou incluír os residentes da rúas das Oblatas e das Trompas nas zonas 7 -San Lourenzo- e 3 -San Pedro- respectivamente. Unha decisión tomada a “petición da veciñanza” segundo o edil de Mobilidade, Xan Duro.
- Este es el barrio más caro de Santiago para comprar una vivienda
- Fiestas de la Ascensión 2024 en Santiago: consulta aquí todos los horarios del programa
- Caso Asunta: la carta íntegra que Basterra hizo llegar a Porto dentro de la cárcel antes de ser condenados
- Los 40 y el polémico concierto de la Panorama dan el pistoletazo de salida a las fiestas de la Ascensión
- El furor por el ramen llega a Santiago: así son los tres nuevos restaurantes que acaban de abrir sus puertas en el último mes
- Caamaño prevé cerrar esta semana los cambios en Sanidade: ¿Habrá relevo en la gerencia de Santiago?
- El bingo de las Fiestas de la Ascensión: ocho planes que debes hacer sí o sí durante estas fechas en Santiago
- Raxoi sopesa cambiar el uso del edificio previsto para el parque de Bomberos en Salgueiriños