Está a zona ORA en Santa Marta afectando o párking do Clínico?

Segue a saturación no aparcamento do Clínico / Antonio Hernández

Se a semana pasada era o PP de Santiago quen denunciaba un mal funcionamento dos parquímetros da zona ORA implantada nos arredores do Hospital Clínico (CHUS), desta volta é o PSOE quen lle pide ao Goberno local que rectifique esta medida porque está a provocar a saturación do aparcamento do centro hospitalario xa horas antes de comece o horario de consultas.
Esta é a conclusión que extraía o voceiro dos socialistas composteláns, Gonzalo Muíños, que comprobou e difundiu nas redes sociais que ás 7.30 horas da mañá o párking do CHUS estaba xa saturado, debido segundo afirman dende o PSOE a que a implantación da zona azul no barrio de Santa Marta está a provocar que os vehículos que antes estacionaban alí se trasladen agora ao aparcamento do hospital.
En resposta a esta reclamación o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, defende que a implantación da zona azul “está a funcionar ben” e pon como proba diso a desaparación dos vehículos ventosa “que permanecían aparcados durantes semanas” e asegura que na contorna do CHUS estase a rotar o aparcamento deixando espazo “para quen realmente o utiliza para achegarse a unha consulta hospitalaria”.
Sobre a saturacióndo aparcamento do CHUS, Xan Duro declara que “o que demostra non é un mal funcionamento da ORA, ao contrario, e agroma que hai un problema de xestión no recinto do hospital que é responsabilidade do Sergas”.
O edil socialista Gonzalo Muíños, máis alá de pedirlle a Sanmartín que rectificara coa implantación da zona ORA nesta área, tamén lle afeaba ao Goberno local a adopción desta medida “sen diálogo coa veciñanza”.
Algo do que se defendía o concelleiro Xan Duro relatando as sucesivas xuntanzas que mantivo con veciños e coa asociación de pacientes do CHUS. “Mantiven tres xuntanzas coa asociación de veciños de Santa Marta, a última este luns, e coa asociación de pacientes e usuarios do hospital e a vindeira semana reunireime cun veciño que quere que quitemos a zona azul”, asegurou.
- Así será el nuevo barrio del norte de Santiago: 6.000 vecinos y bloques de hasta 13 plantas
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia
- ¿Cuánto costarán los pisos protegidos del nuevo barrio del norte de Santiago?
- Luto en Santiago por la muerte de Teté Otero Davila, referente del patinaje artístico en la ciudad
- Así afectará al transporte urbano de Santiago la huelga de autobuses convocada para este viernes
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- Sanmartín, sobre el cierre del túnel del Hórreo: 'É lamentable utilizar como medida de presión unha molestia á veciñanza
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
