Unhas 14 mulleres asistiron os días 4 e 18 deste mes ao curso de autodefensa convocado polo CIM (Centro de Información á Muller) e apoiado pola secretaría xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Unha convocatoria anual destinada a preparar as mulleres ante unha posible situación de violencia ou agresión e para a que se conta coa colaboración da Federación Galega de Loita e da Academia Galega de Seguridade Pública.