O Goberno local de Santiago reafírmase na continuidade da zona ORA en Santa Marta
O Pleno do 20 de marzo aprobou, cos votos de PP e PSOE, que se eliminase esta medida

A zona ORA implantouse no barrio de Santa Marta a comezos do mes de marzo / Antonio Hernández

Un día despois de que o Pleno municipal acordase, cos votos favorables de PP e PSOE, eliminar a zona ORA no barrio de Santa Marta, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reafirmouse en que o Goberno local non eliminará esta área de aparcamento de pago.
“O noso feedback neste momento é moi favorable, hai rotación e hai xente que nos está a dar as grazas porque agora ten posibilidade de aparcar”. Por todo isto, Sanmartín redundou as palabras do edil de Mobilidade, Xan Duro, durante o Pleno do mércores. “Miraremos nas próximas semanas como funciona, se hai que poñer medidas correctoras farase pero cremos que está funcionando ben”.
A alcaldesa falou tamén dos orzamentos de 2024, aprobados na mesma sesión, respondendo ás acusacións do PSOE que dicía que Sanmartín, non fora tan leal coma eles cando estaba na oposición. “Agradecemos o apoio, entendemos que sabían que eran necesarios os orzamentos” e engadiu, “nós sempre facilitamos que houbese un primeiro orzamento dun novo goberno”.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Un estudiante de Santiago logra el oro en las olimpiadas nacionales de FP
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Crónica social compostelana | Comida de extrabajadores de la desaparecida empresa Daviña
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
