Verea arremete contra o Bipartito pola política de vivenda: "A declaración de zonas tensionadas é incompatible coa venda de solo público"

Segundo o líder do PP de Santiago, a Lei de Vivenda "prohibe expresamente" que os municipios poidan adoptar esas dúas medidas a un tempo.

O líder do Grupo popular municipal, Borja Verea

O líder do Grupo popular municipal, Borja Verea / CEDIDA

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, arremete contra o Goberno bipartito polos seus anuncios "contraditorios" querendo a declaración de zonas tensionadas ao tempo que anuncia a venda de soares municipais a construtoras privadas. Segundo Borja Verea, a Lei de Vivenda "prohibe expresamente" que os municipios poidan adoptar esas dúas medidas a un tempo.

"O BNG adopta medidas contraditorias, ou o fai por incapacidade ou por mala fe", afirmou Verea para insistir na contradición: "En 12 días anunciaronn unha medida e a contraria". O voceiro do PP local tamén fixo referencia á creación dunha empresa municipal de vivenda, "no mesmo momento que anuncia isto están a vender milleiros de metros cadrados de solo público".

Verea referiuse ao problema de vivenda da cidade para explicar a súa valoración negativa das medidas anunciadas polo Goberno local e explicar cales seránn as do PP cando cheguen ao goberno: "Queremos vivenda social que construiremos directamente ou mediante cesión de solo a outra administración". 

O líder doa 'populares' tamén defendeu que a súa formación paralizará cando chegue ao goberno "esta privatización" construíndo vivenda social e dedicando o 100% a vivenda de alugueiro, ademais de promover modelos de vivenda cooperativa e cohousing, "non só para as familias máis novas", senón tamén para colectivos vulnerables e persoas maiores ou con difiicultades de mobilidade.