O PP de Santiago denuncia a falta de solución de Raxoi aos asolagamentos en Figueiras
Nerea Barcia pón o foco nun problema que non resolveron os gobernos das últimas lexislaturas

Imaxe da situación na que se atopan os viais de Moas de Abaixo, en Figueiras / CEDIDA
Redacción
A edil do PP de Santiago, Nerea Barcia, denunciou este martes nun comunicado de prensa “o estado de abandono” do núcleo de Moas de Abaixo, na parroquia de Figueiras. “A falla de mantemento e limpeza das canalizacións de auga está a provocar o seu tamponamento durante os episodios de choiva”, explicaba a edil, para alertar sobre a provocación por este motivo de incidencias e asolagamentos en distintas zonas do lugar.
Barcia denuncia que resulta “inconcibible que en dúas lexislaturas non fosen quen de arranxar o problema destes veciños”. Neste sentido, a concelleira ‘popular’ pregúntase “se o BNG seguirá o mesmo camiño que os seus socios de CA e PSOE, porque o certo é que despois de nove meses a situación continúa igual”.
Nerea Barcia remarcou unha vez máis “a deixadez do BNG”, que ocasiona que teñan que ser “os propios veciños” os que teñan que limpar esas canalizacións “para evitar que avance máis a problemática, tendo ademais que arranxar eles mesmos a única pista de acceso ás vivendas, unha senda que se atopa chea de fochancas e de herbas”.
“O Concello só limpa ata a entrada do camiño”, explicou Barcia, “polo que son os veciños coas súas ferramentas” os que realizan a limpeza e mais o arranxo de “fochancas tamén para evitar asolagamentos e poder transitar cos seus vehículos, a pesar de pagar os mesmos impostos que o resto de santiagueses”, destacou.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El avión más grande del Ejército del Aire realiza una escala técnica inesperada en Santiago antes de recoger tropas españolas en Estados Unidos
