A CIG-Saúde denuncia que o helicóptero con base en Santiago estará inoperativo catro días
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061sinala que "está garantida" a cobertura de urxencias e emerxencias por unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada
![Helicóptero del 061 en el helipuerto del Hospital Clínico](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/b0854e59-62f8-4fcd-9f18-68d8a10aa94d_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Helicóptero del 061 en el helipuerto del Hospital Clínico / Antonio Hernández
A CIG-Saúde vén de denunciar que o helicóptero medicalizado con base en Santiago H3 está inoperante dende este luns 15 de abril, ás 13:00 horas, e que non se agarda que volva estar operativo ata este venres 19 de abril. Aínda que os pregos do servizo establecen que a empresa adxudicataria debe dispor dun aparello de substitución, Eliance Helicopter Global Services, S.L., non vai cumprir está cláusula dos pregos.
A CIG-Saúde sinala, ademais, que está inoperatividade non está causada por un imprevisto concreto senón que se trata dunha intervención programada para a instalación dunha caixa de comunicación que se fixa como obrigatoria.
Esta situación dáse no marco temporal de cambio de contrato do servizo de transporte sanitario urxente aéreo da FPUSG-061, Foi formalizado o pasado 18 de marzo, despois de que a primeira licitación quedara deserta e se volvera a licitar o mesmo servizo por tres millóns mais de euros.
O aparello chegou á base de Santiago no mes de febreiro coa intención de quedar xa para prestar servizo co novo contrato, pero estivo inoperante debido a que non había espazo suficiente no asento do persoal médico. O aparello presentaba outras deficiencias que quedaron pendentes de arranxar, como a instalación de unha caixa de comunicacións.
Revisións do helicóptero para "reforzar a seguridade"
Dende a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 sinalan a EL CORREO GALLEGO que o helicóptero trasladouse a outras instalacións para afrontarse a unhas revisións co fin de “reforzar a seguridade dos pacientes, dos profesionais e da tripulación durante os traslados sanitarios das urxencias e as emerxencias extrahospitalarias”. Durante o tempo necesario para as adaptacións da aeronave, aseguran que a cobertura ás urxencias e ás emerxencias “está garantida por una ambulancia de soporte vital avanzado (SVA), medicalizada polo equipo sanitario do 061 da quenda correspondente ao helicóptero”.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local