Santiago

O PSOE solicita a Raxoi un estudo e un plan de actuación para o refuxio de Bando

A concelleira Marta Abal levará unha proposta ao pleno deste mércores

Pide solucións para “atender con dignidade a todos os animais acollidos” 

Un gato no refuxio de Bando de Santiago

Un gato no refuxio de Bando de Santiago / Jesús Prieto

A situación na que se atopa o Refuxio de Animais de Bando será motivo de debate no pleno municipal de este mércores a proposta dos socialistas. Marta Abal instará ao goberno local de Santiago a que “tome a iniciativa” e encargue un estudo que avalíe o estado das instalacións, tanto dende o punto de vista das infraestruturas como do persoal ao servizo da mesma, cuantificando as necesidades de investimento.

Así mesmo, este documento deberá recoller as solucións de recursos humanos para “atender con dignidade a todos os animais acollidos” explica Abal.

Responsabilidade da Fundación

A edil socialista, aínda que recoñece que, á vista dos estatutos da Fundación, lle corresponde a esta e non ao concello de Santiago, a xestión e mantemento das instalacións. Sen embargo, entende que “o que non é unha opción é quedarnos de brazos cruzados mentres as instalacións seguen deteriorándose”.

Por ese motivo reclama que o propio Concello contrate con cargo aos orzamentos municipais deste ano este estudo para trasladalo, posteriormente, ao Padroado da Fundación do que forman parte os outros nove concellos para os que presta servizo.