Axenda cultural: ¿Que facer hoxe, 22 de abril, en Santiago?
Compostela conmemora o 50 aniversario da Revolución dos Caraveis cunha conferencia e adiántase ao Día do Libro con varias presentacións

Inés Gontad, fotógrafa santiaguesa / cedida
Redacción
Inés Gontad inaugura exposición
A fotógrafa santiaguesa Inés Gontad expón as súas imaxes de natureza salvaxe, caracterizadas pola luz, a cor e a composición no Centro Empresarial do Tambre. A mostra, titulada Color.map inaugúrase hoxe ás 20 horas e poderase visitar ata o 24 de maio.
O Ateneo conmemora a Revolución dos Caraveis
Alberto Luis Barciela CastroClaveles de libertad en el 50 aniversario de la revolución de abril
O Ateneo de Santiago e a Asociación Federalista de Galicia únense hoxe ás celebracións do 50º aniversario da Revolución dos Caraveis portuguesa a través da organización conxunta dunha conferencia que levará por título O iberismo, onte e hoxe, que estará impartida por Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea e profesor emérito da USC. Na charla, que se desenvolverá ás 19.30 horas na Rúa do Vilar, 19, Villares explicará a evolución histórica do iberismo, movemento político e cultural xurdido no século XVIII, que tivo a grandes defensores a ambos lados da fronteira, entre eles, a personalidades como José Saramago, Miguel de Unamuno, Pi i Margall ou Antero de Quental. Villares foi presidente do Consello da Cultura Galega, decano de Historia e reitor da USC, entre outros cargos.

Ramón Villares ofrece este lunes una conferencia en el Ateneo de Santiago con motivo de los 50 años de la Revolución dos Caraveis de Portugal / cedida
Presentan un libro en Follas Novas
A libraría Follas Novas celebra hoxe ás 19.00 horas a presentación do libro No pudieron hacerlo mejor: Alfonso I el Batallador, Urraca I de León, obispo Diego Gelmírez, de Augusto Bruyel. O autor estará acompañado por José Miguel Andrade Cernadas, Catedrático de Historia Medieval. A obra fai un percorrido por estas figuras históricas e o seu contexto.
Obras do concurso literario da USC
Hoxe ás 12.00 horas preséntase na entrada da facultade de Filoloxía o libro editado coas obras premiadas na última edición do Concurso literario Mazarelos, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística do centro. Abel Lorenzo-Rodríguez e Gael Uxío Proupín Cantelar foron os gañadores ex aequo da pasada edición.
María Solar asina a súa nova novela en El Corte Inglés
El Corte Inglés acolle a sinatura da nova novela da escritora e xornalista compostelana María Solar, unha das autoras máis coñecidas e lidas da literatura galega. O encontro será ás 19.00 horas na libraría do centro comercial, que conmemorará con este acto o Día do Libro adiantándose unha xornada á súa celebración oficial. A novela de Solar, titulada Adeline, foi finalista do XV Premio Jules Verne de literatura xuvenil e é unha homenaxe a Carmilla, o primeiro clásico de vampiros. Un dos conflitos fundamentais da obra é que os vampiros amosan a súa razón de ser confróntana coa dos humanos.

A escritora e xornalista María Solar / cedida
Concerto do CMUS e Mostra de Teatro
O paraninfo da Facultade de Historia acolle o primeiro concerto dun ciclo do conservatorio en colaboración coa USC ás 19.45 horas. Actuarán Acordachelos de Compostela, un quinteto de vento e un sexteto de metais. Ademais, comeza a Mostra de Teatro Universitario no Principal ás 20.30 horas coa peza Salón Colorado. Haberá funcións ata o día 30 neste espazo e na sala Vidal Bolaño.
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio

