Ana López, coordinadora da Unidade de Tabaquismo da USC: “Co tratamento por videochamadas e unha app aumentou o interese por deixar de fumar”

Un estudo da Unidade mostra que a abstinencia de nicotica ao deixar de fumar aos doce meses se elevou ata o 38%

O 85% das 288 persoas que realizaron o tratamento indicaron estar moi satisfeitas.

Ana López Durán, coordinadora de la Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos de la Universidade de Santiago

Ana López Durán, coordinadora de la Unidade de Tabaquismo e Trastornos Adictivos de la Universidade de Santiago / Santi Alvite

O 77% das persoas que realizaron un tratamento para deixar de fumar na Unidade de Tabaquismo e Trastornos Aditivos da Universidade de Santiago conseguírono cun tratamento psicolóxico aplicado a través de videochamadas e co apoio da aplicación para dispositivos móbiles ‘SinHumo’. Este é un dos principais resultados dun estudo dirixido polos docentes Elisardo Becoña e Ana López Durán, director e coordinadora da Unidade da USC. 

Cunha mostra de 288 persoas (180 mulleres e 108 homes), e unha media de idade de 45,8 anos, observouse que a abstinencia de nicotina ao deixar de fumar aos doce meses se elevaba ata o 38%, sendo xa do 35% ao medio ano. 

“Coa pandemia pasamos a virtualizar as sesións presenciais e percibimos como as videochamadas chegaban a xente que antes non se plantexaba deixar de fumar con outros tratamentos convencionais e incluso chegar a persoas de todo o país”, sinala en conversa con EL CORREO Ana López, tras unha análise que se extendeu dende setembro de 2020 ata outubro de 2022 e un período de seguimento de doce meses. Coa app de apoio aínda aumentou máis a atración de usuarios. 

Outro dos resultados do estudo reflexou que o 85% das persoas fumadoras indicaron estar moi satisfeitas co tratamento recibido e a utilización de ‘SinHumo’. A aplicación tiña a misión de ser un “acompañante” de oito sesións de traballo, unha vez á semana e cunha hora de duración.“Inclúe rexistros de consumo ou vídeos de como se realiza a técnica de control de respiración”, detalla a investigadora. A maiores, para a parte do seguimento dispón de contidos para alcanzar a abstinencia como os datos de diñeiro aforrado, gañancias de saúde polo tempo que unha persoa leva sen fumar ou ben consellos ante momentos nos que unha persoa ten ganas de fumar. 

En definitiva, tres dos obxectivos marcados pola Unidade de Tabaquismo da USC coa combinación do tratamento psicolóxico e a aplicación son a redución de consumo de cigarros, o control estimular e o manexo do estrés e a ansiedade.

Elisardo Becoña e Ana López xa comezaron a comparar os resultados deste estudo, publicados en Nicotine & Tobacco Research, a revista de referencia en estudos de tabaquismo, cos de outros previos de cando a atención era presencial, percibindo “que non hai diferenzas na efectividade”. Na actualidade a Unidade mantén as videochamadas se ven se ofrece a posibilidade da presencialidade “por se hai dificultades para conectarse online”. En calquera caso trabállase en grupos de traballo, dun máximo de seis persoas no caso das videochamadas. “Está comprobado que se crean moi boa sinerxias”, manifesta.

A investigación publicada é un novo paso no desenvolvemento, avaliación e difusión de tratamentos psicolóxicos eficaces para as persoas fumadoras que desde hai 40 anos vén realizando a Unidade de Tabaquismo da USC. “Tanto pola súa eficacia, como pola valoración das persoas fumadoras que participaron no estudo, este resultado é un avance importante para a abordaxe da conducta de fumar e, especificamente, no uso de tratamentos psicolóxicos eficaces”, destacan Becoña e López.