A USC inicia un plan para garantizar a seguridade do edificio da facultade de Xeografía e Historia
A biblioteca é a principal zona afectada ante os danos percibidos na zona de depósito de libros, polo que se trasladarán un total de 150.000 volumes
Existe un plan xeral para o centro co obxectivo de acometer unha reforma integral

Fachada da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago / Jesús Prieto

A USC xa traballa en definir un plan inmediato de intervención para garantizar a seguridade do edificio da facultade de Xeografía e Historia, despois dos danos atopados na cara superior do forzado do baixo cuberta, na zona de depósito de libros sobre a sala de lectura principal da biblioteca. De forma inmediata, aínda que provisional, a institución procederá ao traslado dos fondos bibliográficos aí aloxados. Esta cuestión foi analizada este venres polo xerente da USC, Javier Ferreira, nunha xuntanza co decano da facultade de Xeografía e Historia, Marco Virgilio García Quintela, e co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras. Dende a institución compostelá sinalan a EL CORREO que o custo do traslado de 150.000 volumes será de 1,14 millóns de euros.
A raíz dun informe técnico previo fixáronse unha serie de actuacións a realizar como o cambio de dirección de disposición das estanterías, “para favorecer un mellor reparto das cargas entre as viguetas do forxado”. Tamén se vai a reducir a carga das estanterías. “A recomendación é cargar ata unha altura máxima de 80 cm para cumplir co valor de sobrecarga de uso máximo. Isto implica que se poderán empregar 2 dous 5 niveis dispoñibles por estantería”, comentan. Esta actuación será a primeira fase dunha intervención integral da biblioteca, orzamentada en 6,78 millóns de euros, que “garantiría a seguridade estrutural así como a mellora do comportamento enerxético destes espazos e a racionalidade de uso das estancias”.
A xuntanza súmase ao chamamento realizado dende a USC ás institucións do Consorcio de Santiago (Concello, Xunta de Galicia e Goberno de España), autor do Plan Director da Facultade que contempla a necesidade de acometer unha profunda reforma do edificio, afectado polo paso do tempo e por deficiencias estruturais que repercuten na seguridade e na habitabilidade do edificio.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Un restaurante compostelano se cuela entre los favoritos de los españoles para comer en 2025
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- El jardín de las 20.000 rosas que marcó la Navidad en Santiago: 'Superó todas nuestras expectativas
- Nueva jornada de huelga de buses urbanos: Santiago, sin servicios mínimos
