Os mozos de hoxe non queren saber de fillos

A natalidade en Galicia está caendo ano tras ano 

A xuventude asegura que dadas as dificultades, ser nai ou pai xa é un luxo

Os principais hándicaps son a inestabilidade laboral, os baixos soldos, os altos prezos da vivenda e a falta de conciliación

Dous nenos chorando

Dous nenos chorando / Miguel R. Taboada

En Galicia cada ano nacen menos nenos. En 2022 –os datos máis recentes que recolle o INE– viñeron ao mundo 14.495 nenos, o que supuxo unha baixada con respecto ao 2021, no que naceron 14.787 e con respecto ao 2020, ano no que naceron 15.247 bebés. Esta caída da natalidade en Galicia non fai máis que pór o acento nunha realidade crecente: a xente nova non contempla ter fillos. 

España registra nuevo récord a la baja en nacimientos desde 1941

El Correo Gallego

A inestabilidade laboral, os salarios baixos, as escasas axudas á vivenda e a natalidade, as insuficientes facilidades á hora de conciliar... Unha longa lista que leva aos mozos a ver cada vez máis lonxe a idea de ter un fillo.

Ana

“Yo tendré un perro viejo, pero no creo que tenga niños”, sentencia Ana, unha xornalista de 22 anos. “Ahora mismo no puedo ni manterme a mí”, di. Esta moza pon o foco sobre todo nas dificultades económicas: “el precio de los pisos es una locura y los sueldos son los que son. Veo que la gente de mi generación tiene dificultades para mantenerse a sí misma, no sé como estaremos en 10 años pero no creo que haya un cambio tan grande como para considerar que ya puedes mantener a un niño”, sinala Ana.

Á hora de conciliar tamén percibe serias dificultades. “Es cierto que en ciertos trabajos te la facilitan, pero no siempre es así. Y sobre todo ya veo imposible conciliar trabajo y estudios con la crianza”, apunta. Respecto á vivenda considera que actualmente case ningún mozo se pode permitir vivir de alquiler só, e ve a perda de liberdade ou tempo de ocio como o mal menor de ter un neno. “Lo que considero más complicado es mantenerlo económicamente y conciliar”.

“Yo tendré un perro viejo, pero no creo que tenga niños”

Ana

— Xornalista

Sara

Sara é unha psicóloga de 25 anos á que si lle gustaría ser nai, pero que se cuestiona se realmente será posible. “Todas as persoas da miña idade coas que falo estamos nunha situación de traballo moi irregular e precaria. Compartimos un piso que se queda con case a metade do noso salario”, conta. “Cando me imaxino sendo nai véxome dándolle a miña filla ou fillo unha vida como a que me deron meus pais a min, pero non sei se iso é 100% realista”, lamenta.

Outro punto que ve complicado é a conciliación. “Pídesenos que traballemos como se non fósemos nais, e que sexamos nais como se non traballásemos e obviamente ese discurso falla”. Sinala xunto ao problema da conciliación, o da vivenda: “Temos un gran problema de vivenda en España e as axudas en ocasións poden servir, pero penso que están funcionando como un parche e non se está atacando o problema de raíz. E isto é algo habitual na forma de xestionar os problemas en xeral, por iso tamén estamos no top tres de países europeos con máis consumo de psicofármacos, e non atacamos o problema coa terapia psicolóxica”.

“Pídesenos que traballemos como se non fósemos nais, e que sexamos nais como se non traballásemos e obviamente ese discurso falla”

Sara

— Psicóloga

Ao igual que Ana, tamén considera a perda de tempo libre como o menos preocupante. “No momento no que pense que estou suficientemente estable como para formar unha familia, non creo que me custe ‘sacrificar’ o meu tempo de ocio para pasar tempo coa miña parella e fillo ou filla. É algo que desfrutarei como nunca porque cada etapa dáche unhas cousas e quítache outras. Aínda así, todo ocio penso que pode adaptarse ás condicións que veñan”.

Alberto

Pola súa parte Alberto, policía e psicólogo de 29 anos, di que agora mesmo non quere ser pai porque, vendo o panaroma actual, parécelle moi complicado economicamente. “Tamén considero que é un pouco inconsciente ter un bebé tal e como está o mundo: guerras, fame, menos recursos... non ten moito sentido ter un fillo para que viva todo isto”, considera.

“Tamén considero que é un pouco inconsciente ter un bebé tal e como está o mundo: guerras, fame, menos recursos... non ten moito sentido ter un fillo para que viva todo isto”

Alberto

— Policía e psicólogo

Este mozo insiste sobre todo na necesidade de que en España se den máis axudas á natalidade. “Tendo en conta que vai á baixa, está claro que teñen moito que facer para reverter a situación”.

A vivenda volve ser outro dos principais hándicaps que os mozos galegos perciben á hora de ter un fillo. “Hai que baixar os impostos para que non sexa tan caro comprar e alquilar. É preciso ademais regular os prezos desorbitados actuais”.

Ismael

Ismael (27 anos), comercial de Neurocirurxía, aínda se ve moi novo como para pensar en fillos. “Xa me custa manterme a min mesmo, como para manter a un bebé”, sentencia. E é que unha vez máis os mozos poñen sobre a mesa a imposibilidade de formar unha familia ante a case nula independencia económica. O feito de non ter vivenda propia é outro motivo que retrasa a idea de ter fillos no seu caso: “priorizo primeiro conseguir unha vivenda propia sin que sexa de alquiler e a partir de aí poder planificar o meu futuro, o que quero e o que non. A día de hoxe iso é inviable”, sentencia. É por iso que de momento Ismael aposta por “estirar a miña xuventude o máximo posible, para poder viaxar sin ataduras ou apuntarme a calquera plan. Máis adiante xa se verá...”  

“Priorizo primeiro conseguir unha vivenda propia sin que sexa de alquiler e a partir de aí poder planificar o meu futuro, o que quero e o que non

Ismael

— Comercial de Neurocirurxía

María

María é unha moza de 22 anos que estuda o último curso de Traballo Social e que agora mesmo non vislumbra, pensando a longo prazo, ter fillos como unha prioridade. “Me gustaría viajar, conocer sitios y crecer en mi trabajo y, en cierto modo, ser madre te limita porque tienes un niño pequeño, que hay que cuidar y que necesita de toda tu atención”, argumenta. Ademais considera que é urxente que se axude aos mozos á hora de obter o seu primeiro traballo porque “siempre te piden experiencia y no la tendrás si no te dan trabajo, por lo que a lo mejor hasta los 30 no consigues algo estable”.

Laura

Laura (22 anos), estudante do ciclo de formación profesional en Anatomía, asegura que lle encantaría ser nai nun futuro. “Ahora no, porque estoy acabando de estudiar, quiero empezar a trabajar y económicamente no puedo, pero a largo plazo me gustaría”, di.

Laura é unha persoa viaxeira e ten claro que un neno implica máis dificultades á hora de facelo, pero amósase optimista: “en la vida tienes tiempo para todo si te organizas y podrás seguir haciendo cosas que te gustan siendo madre”. Pero o maior problema que detecta á hora de facer posible a maternidade son as dificultades que teñen os mozos de hoxe para independizarse: “los sueldos no suben, por lo que pocos se pueden permitir irse de casa... Son necesarias más ayudas y esos pisos de los bancos vacíos tendrían que ponerse a disposición de la juventud o del que precise una vivienda digna”, sinala.

“Los sueldos no suben, por lo que pocos se pueden permitir irse de casa... Son necesarias más ayudas y esos pisos de los bancos vacíos tendrían que ponerse a disposición de la juventud"

Laura

— Estuda un ciclo de formación profesional en Anatomía

Laura acaba ditando sentencia: “la juventud no es que no quiera tener hijos es que es muy difícil mantenerlos de un modo digno”. Os soldos, di, “son precarios y los alquileres muy altos. Hay que atajar este problema si queremos que la natalidad de nuestro país crezca y que no continúe bajando cada vez más”.