‘O Corno’ e ‘Matria’, arrasan como grandes vencedoras dos Premios Mestre Mateo
O actor compostelán Tamar Novas gaña por segundo ano consecutivo o galardón a Mellor interpretación masculina protagonista
Destaca a gran presenza feminina

'O Corno' foi gañadora de sete premios / casteleiro/roller agencia

As longametraxes O Corno e Matria erixíronse como grandes vencedoras nos Premios Mestre Mateo entregados onte no transcurso dunha gala celebrada no Coliseum da Coruña, que marca o gran momento do audiovisual galego. Ambas películas, sumadas á serie Rapa, partían como favoritas acaparando un total de 42 categorías.
O filme de Jaione Camborda, O corno, foi a obra máis premiada da noite ao facerse con sete galardóns: Mellor dirección de arte (Melania Freire), Mellor maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Clavo e Silvia Neira); Mellor son (Sérgio Silva e David Machado); Mellor vestiario (Uxía Vaello) e Mellor longametraxe. Ademais, a directora alzouse cos premios a Mellor dirección e Mellor guión.
Non obstante, Matria quedou pouco por detrás. O equipo desta longametraxe recolleu un total de cinco premios: Mellor dirección de fotografía (Lucía C. Pan) e dirección de produción (Nati Juncal) e fixo pleno nas categorías de interpretación nas que era finalista, con recoñecementos para María Vázquez como Mellor interpretación feminina protagonista; Susana Sampedro como Mellor interpretación feminina de reparto e Santi Prego como Mellor interpretación masculina de reparto.
A serie Rapa foi votada polas académicas e académicos como Mellor serie de TV e tamén gañou os premios a Mellor montaxe (Gaspar Broullón, Julia Juanatey, Lucía Iglesias) e Mellor música orixinal (Xavi Font). En canto á ficción seriada, A arte de ser mal pai da produtora Miraveo obtivo o Premio á Mellor serie web.
A entrega de premios foi presentada por Lidia Veiga e Miguel Canalejo, que estiveron acompañados no escenario por Fillas de Cassandra, encargadas de poñer música ao evento coa colaboración de Mondra e os peliqueiros de Laza.
Tamar Novas por segundo ano consecutivo
O actor compostelán Tamar Novas subiu por segundo ano consecutivo para recoller o premio a Mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en Salta. Tamén estivo na mesma tesitura a actriz coruñesa Lucía Veiga, quen nesta ocasión foi recoñecida como Mellor comunicadora grazas ao seu traballo en “Malicia Noticias”.
O listado de profesionais galardoados durante estes premios complétase cos nomes de Alba Prol, Raúl García e Jairo Iglesias na categoría de Mellor Realización polo seu traballo en O Gran Camiño. Grandes Rutas a Pé do Mundo.
Saliéntase a gran presenza feminina que houbo nestes premios, con profesionais galardoadas en case todas as categorías, exceptuando a de Mellor son e Mellor música orixinal.
Unha mirada cara o pasado
O sentimento de nostalxia foi un dos grandes protagonistas no espectáculo dirixido por Noemí Rodríguez, que comezou cun dos eslógans máis lembrados do Xabarín Club: “Hai alguén aí? Si?, Non?, Si?”.
Ademais, Xosé Ramón Gayoso tamén tivo o seu emotivo momento ao entregarlle o Premio de Honra Fernando Rey a Eva Veiga. Desta forma coroaron a gala dos Mestre Mateo: 39 anos despois reuniron aos dous presentadores que formaron parte da súa primeira emisión a Televisión de Galicia o 25 de xullo de 1985.
Outros galardóns
Os espazos en branco impúxose na categoría de Mellor documental. Mentres que, pola súa banda, Cos pes na terra acadou o premio a Mellor programa.O videoclip de C. Tangana para o R.C Celta de Vigo con Oliveira dos cen anos venceu dentro da súa categoría e Chama a miña neta foi premiado como Mellor anuncio publicitario.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla

