Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pili e Javi son os protagonistas esta noite en ‘Casamos!’, na TVG

No programa teñen cabida vodas de distintas relixións e razas, vividas sempre de xeito extraordinario en cadansúa contorna

O espazo máis romántico da TVG, ‘Casamos!’, dá a coñecer este martes a historia de amor de Pili e Javi, unha aventura que comezou hai catro anos. Un Entroido e amigos en común fixeron que esta parella se atopara na noite viguesa. Na primeira cita, a conexión entre os dous foi máis que evidente, pero o primeiro bico tardaría en chegar. Javi só buscaba amizade, e iso fixo que Pili pensara cousas incertas.

Despois do primeiro bico, a parella iniciou unha lúa de mel, en que, catro anos despois, continúan inmersos. Agora festexan unha voda, que será tamén unha festa con familia e amigos para celebrar que, no seu caso, o amor si entende de novas oportunidades pasados os 40.

‘Saudade de ti’. Os seguidores de Saudade de ti verán esta noite como os López de Castro están cada vez máis preto de atopar o misterioso investidor de Raúl. Este e mais Mónica trazan un arriscado plan para facerse coas probas que buscan.

Pola súa parte, Lucho vese envolto case sen querer nos enredos de Saleta, que non lle poden traer nada bo. Noa trata de conseguir que Brais lle devolva o reloxo que lle vendeu.

E, mentres tanto, Raquel continúa desaparecida e Santi non ten noticias dela. Menos mal que el ten a Celia, o seu único apoio mentres trata de contactar coa súa muller.

‘A Revista’. Faltan poucas horas para que comece un novo curso escolar e as mochilas dos pequenos da casa énchense xa de libros e libretas para unha morea de materias. O programa A Revista falará hoxe dunha competencia á que normalmente non se lle dá tanta importancia, pero que é fundamental: a edución emocional, aquela que outorga disintas ferramentas para a resolución de problemas cotiáns e, polo tanto, proporciona benestar. Para falar das súas implicacións a nivel de saúde mental e de convivencia, achegarase ao estudio o psicólogo Antonio Rial Boubeta.

O espazo da TVG tamén recibirá a visita dunha parella de Hollywood que triunfa na Estrada coa súa arte corporal. Chámanse Devon Wroten e Silvia Staab. El é tatuador profesional e ela é unha esteticista especializada en uñas, sobre todos nas uñas extralongas que popularizou Rosalía en España. Ambos os dous comparten o mesmo concepto do corpo como un lenzo a través do que expresarse.

Ademais, A Revista achegarase este martes a un modelo de agricultura de proximidade e sen químicos: o da granxa Lúa de Dexo, que desde Oleiros quere darlle un impulso a este modelo de consumo alternativo á agricultura masiva. Os responsables desta explotación, Fran Gil e Sonia Rodríguez, falarán das verduras e hortalizas que cultivan ao xeito de antes e traerán unha mostra das máis de 30 variedades de tomates que teñen neste momento.

Tamén estará hoxe no programa a neuróloga do CHUAC Mar Castellanos, que explicará como evitar un ictus, e os actores Cristina Andrade e Dani Medín, que dan vida ao personaxes de Noa e Brais, respectivamente, na serie Saudade de ti , falarán dos emocionantes últimos capítulos que a TVG está a ofrecer estes días.

Cine. Poderase gozar da película Ruta Suicida. Un policía debe escoltar unha testemuña ata outro estado para testemuñar no xuízo dun mafioso. Pero a misión resulta ser máis difícil do esperado, xa que alguén moi poderoso está empeñado en que non cheguen ao seu destino.

06 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.