O colectivo Guerrilla Girls formouse en 1985 en Nova York como un grupo anónimo de artistas de acción feminista. As súas accións e obras intentan contrarrestar as tradicións patriarcais e os seus comportamentos no ámbito cultural. Coñecidas por utilizar máscaras de gorilas para ocultar o rostro, identifícanse co nome de mulleres artistas falecidas omitindo así a súa identidade real ao mundo e reivindicando os logros daquelas mulleres.

Máscara de gorila dunha das Guerrilla Girls Javier Rosende Novo

Este colectivo produciu multitude de pósteres, libros, edicións gráficas... sobre o sexismo e a discriminación das mulleres no mundo das artes visuais, do cine e da cultura en xeral.

Cartel perteneciente a la exposición Guerrilla Girls en el CGAC Javier Rosende

Portfolio Compleat recolle todo este repertorio que se apropia da linguaxe visual do márketing publicitario para transmitir as súas mensaxes dunha forma directa.