Traballadores do transporte de viaxeiros volveron saír ás rúas. Recláman á patronal que sente a negociar subidas salariais e melloras no servizo. As xornadas de folga ameazan con converterse en indefinida a partir do 8 de maio. Os representantes dos traballadores e a patronal están chamados a participar nun encontro no Consello Galego de Relacións Laborais no que pretende achegar posturas para desencallar un conflito que contou cun seguimento “masivo” de entre o 90 e o 100%, segundo os convocantes. Segundo o responsable de estradas de UGT-Galicia, Miguel Campos, “A falta de condutores vén da precarización absoluta”.