No Salón de Plenos do Pazo de Raxoi desenvolveuseo acto para a toma de posesión das concelleiras e concelleiros que configuran xa a nova Corporación municipal. Goretti Sanmartín, nova alcaldesa de Santiago, fixo un discurso  centrado no compostelanismo, incluíu temas primordias dos contidos nos programas electorais de BNG e CA, como “poñer as persoas no centro” das políticas, unha axeitada xestión do turismo, a defensa da lingua, do feminismo e da igualdade, a accesibilidade, a sustentabilidade e o rural, entre outras.