Esta mañá a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu en Raxoi ao arcebispo de Compostela, monseñor Francisco Prieto, para trataren diversos asuntos que atinxen a ambas institucións, entre eles, tamén, os actos do 25 de xullo, Día de Galicia e do Apóstolo e festa grande da capital.

Sanmartín explicou que o Goberno local participará en todos os actos institucionais pero non estará na ofrenda por tratarse dun "acto relixioso" e apoiándose no carácter "laico" do estado.