O Coro da Ra nace en 1993, daquela era 'A ra coro de cor', tomando o nome do tema A Ra de Caetano Veloso. Comezan unha vintena de cantantes e dan o seu primeiro concerto en 1993 na Casa do Patin.

Séguelle, xa no ano seguinte, a actuación na 'Ultranoite a capella', na Sala Nasa, e o coro non para de medrar e cantar...

Xa nos 2000 comezan os 'Concertos comando', cantos nas prazas da cidade histórica que unha década despois, e instigadas polo actor Simone Negrín, se converten tamén en acción teatral. Un coro de xente galega e tamén estranxeira, unha especie de 'Ra Erasmus', polo que nestes 30 anos pasaron arredor de 300 cantantes.

Tres décadas da mellor música vocal, con versións e tamén temas propios, que cómpre celebrar por todo o alto!