Suso de Toro desfrutou no seu debut no encontro literario e musical celebrado no Bela Fisterra

Escritores e músicos participanes no encontro do Bella Fisterra / cedida

Escritores e músicos participanes no encontro do Bella Fisterra / cedida / redacción

Redacción

Con bo ambiente e moita compolicidade entre escritores, músicos e publico celebrouse este sábado no coñecido como o hotel das palabras, o Bela Fisterra, o encontro Fisterras Atlánticas: música e palabras, no que debutou o escritor Suso de Toro. O evento iniciouse pasadas as 19.15 horas no Bela Fisterra, e nel participaron, ademais de Suso de Toro, autores como Chisco Fernández Naval, Modesto Fraga, Xosé Iglesias, Xosé Manuel Lema e Alexandre Nerium, quenes ofreceron un recital poético no que, ademais de versos propios, puxeron voz tamén a outros de poetas irlandeses como Seamus Heaney, Bernard O’Donoghue e Lorna Shaugnessy.

Pola sua banda, a música correu a cargo da banda Distrito 10, que complementou o encontro cun animado concerto.

Hai que sinalar que o encontro estivo coordinado por Antonio R. de Toro e Miguel Giráldez. A entrada foi de balde e os asistentes poideron desfrutar, tamén ,dunha cata de viños da adega Méndez Rojo que agradeceu o respetable.

TEMAS