GASTRONOMÍA
A esencia do mar da Costa da Morte, no Fórum Gastronómico
A patronal do turismo convidou a percebes de Corme e Muxía, con pan de Carballo e viño de Barbanza no encontro da Coruña
J. M. Ramos
Auga, sal e os exquisitos percebes de Corme e Muxía, acompañados de pan de Carballo e viño de Barbanza, conquistaron este luns os padais máis esixentes que se deron cita no Galicia Fórum Gastronómico, que se está a celebrar na Coruña.
Uns manxares que serviron á Asociación de Empresarios de Turismo de Costa da Morte (APTCM) para presentar os Meses con R na sala Ágora do recinto Expocoruña. De que todo estivese no seu xusto punto encargouse o baiés Braulio García, profesor do Centro Superior de Hostalería de Galicia.
“O dito popular asegura que os meses con erre son aposta segura para degustar os mariscos, e que mellor que vir degustalos ao seu santuario: a Costa da Morte”, afirmou o presidente de APTCM, Pepe Formoso. Só con auga, sal e percebes “pódese vivir unha intensa experiencia gastronómica”, engadiu. Alberto Varela, de Choiva Viños, completou o convite con caldos do Barbanza.
Ademais dos percebes, na cita gastronómica coruñesa tamén trunfou o congro seco de Muxía, que é o único municipio de Galicia que conta cun stand propio, no que ofrece degustacións “con receitas elaboradas con estes dous produtos de calidade e identitarios da nosa vila”, afirmou o alcalde, Iago Toba. En dito espazo os visitantes poden coñecer como son os secadoiros tradicionais de congro, coas súas cabrias e láminas secas do peixe.
Ademais, a Costa da Morte está representada no Fórum Gastronómico polos chefs Marisol Martínez Mato, do restarante Mar de Ardora (Cabana de Bergantiños); Rafael Fuentes, do Carrumeiro (Corcubión); e Xusto Posse e Marcos Silva, da taberna O Lambón (Carballo). Tamén participa Manuel Leiro, do restaurante Albatros, de Outes, entre outros.
E no espazo dedicado aos produtos locais galegos están presentes os de A Despensa D’Lujo, de Coristanco; Pandejuevo, de Cee; e Casa da Avoa, da localidade de Outes.
Todos eles participan baixo o paraugas da campaña A provincia que sabe, promovida pola Deputación da Coruña e que identifica a excelencia da cadea agroalimentaria de todos os recunchos da provincia.
O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, salientou o potencial da gastronomía coruñesa, “cunha calidade capaz de posicionarnos no mercado do turismo nacional e internacional”, indicou. Apuntou tamén a necesidade de “buscar un perfil de turista que valore, por riba de todo, esta calidade”.
Ademais, Regueira defendeu que “debemos apostar por unha estratexia turística sostible non só dende un punto de vista medioambiental, senón tamén do económico e social, e a nosa gastronomía, captadora dun turismo de calidade, é fundamental”.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Un rincón propio de Asia que se esconde en Galicia: tiene un puente colgante y está a menos de una hora de Santiago
- La cifra de alumnos y personal del colegio de Ventín con cuadro de diarrea roza los 60 y la Xunta tomó ya muestras de la comida
- Una empresa de Noia transporta un rinoceronte indio desde Polonia hasta Córdoba
- Una estadounidense conduciendo por A Illa de Arousa se queja de algo muy común en toda Galicia: '¿Cómo lo hacen?
- Casi un año esperando licencia en Santiago para instalar un ascensor y aislar la fachada: “É unha vergoña”
- Asesinato en el San Serapio de Conxo: un ajuste de cuentas por la venta de droga adulterada terminó con una trágica muerte
- Moncho Fernández se marcha del Obradoiro a coste cero al existir una claúsula en su contrato