INDUSTRIA

Intensifican os trámites para a ampliación do parque empresarial A Espiñeira de Boiro

O polígono xa se atopa ocupado na súa totalidade

Suelo Empresarial del Atlántico elabora o estudo de viabilidade

O Concello modificará o Plan Xeral para poñer a disposición 305.000 metros cadrados

Beatriz Sestayo e José Ramón Romero, á esquerda, con edís e técnicos do Concello e SEA

Beatriz Sestayo e José Ramón Romero, á esquerda, con edís e técnicos do Concello e SEA / C. B.

J. M. Ramos

A gran demanda de chan industrial e a falta de parcelas no parque empresarial de Espiñeira, en Boiro, que se atopa ocupado na súa totalidade, fan que o Concello e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) tenten axilizar os trámites para acometer a ampliación do polígono.

O alcalde, José Ramón Romero; o tenente de alcalde, Luís Ruiz; e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo; mantiveron unha xuntanza cos técnicos de ambas as entidades para avanzar no proceso. Neste sentido, o Concello de Boiro farase cargo da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) coa avaliación ambiental, que permitirá avanzar na localización e poñer a disposición do proceso dúas fases de 115.000 y 190.000 metros cadrados, respectivamente.

Romero e Sestayo comprometéronse a estudar as fórmulas de xestión das propiedades dos terreos, as necesidades das empresas instaladas nos mesmos e a buscar e chegar a acordos que permitan simplificar a tramitación, de xeito que os equipos técnicos das dúas entidades traballan xa nesa liña.

Boiro necesita da ampliación do chan industrial para que as empresas poidan medrar e se asenten novas industrias que xeren emprego no municipio”, asegura o alcalde de Boiro, José Ramón Romero.

Pola súa banda, Sestayo fixo fincapé no perfecto entendemento entre ambas as dúas partes sobre a concepción do chan industrial como necesidade para a creación de emprego. “Sabemos que hay una gran demanda de suelo en Barbanza, por eso desde SEA vamos a hacer todo lo que esté en nuestras manos para satisfacer esa necesidad en la zona y permitir que siga creciendo y generando puestos de trabajo”.

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico avanzou tamén que este verán coñeceranse os resultados do estudo de viabilidade técnica, económica e xurídica.

A Tomada, en A Pobra

A mediados de abril, Beatriz Sestayo comprometeuse tamén a contratar de forma inminente un estudo de viabilidade para acometer a terceira fase do parque empresarial de A Tomada, en A Pobra. O obxectivo é habilitar outros 180.000 metros cadrados, xa que as parcelas creadas nas dúas primeiras fases xa están ocupadas.

O Concello presentou a SEA un anteproxecto no que se propoñen tres zonas próximas ao actual parque para acometer a ampliación. O reto de ambas partes é axilizar os trámites para crea novo solo empresarial.