Ponteceso ofrece noventa e cinco prazas para conciliar nos meses de xullo e agosto
O Concello de Ponteceso porá en marcha o Programa Respira, unha iniciativa que busca favorecer a conciliación laboral e familiar durante os meses de xullo e agosto. Ofrecerá 95 prazas á rapazada de entre 3 e 16 anos que estea empadroada e escolarizada no municipio para participar nos campamentos de verán. A iniciativa desenvolverase de 09.30 a 13.30 horas durante os 22 días laborables de xullo e os 21 de agosto.
O servizo repartirase en catro parroquias. A de Ponteceso contará con 30 prazas, as mesmas que haberá na Campara. En Pazos ofreceranse 20 e en Corme, 15.
A prestación do servizo esixe nove monitores de ocio e tempo libre dos que o Concello de Ponteceso non dispón, polo que o executivo local iniciou en febreiro o expediente de contratación. Á oferta concorreron tres empresas e o orzamento máximo de contratación polos anos 2024 e 2025 é de 48.137,64 euros. A contía correspondente a este ano será cuberta de xeito case total coa subvención do programa FSE+ Galicia 2021.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Fiestas de la Ascensión 2024 en Santiago: consulta aquí todos los horarios del programa
- Caso Asunta: la carta íntegra que Basterra hizo llegar a Porto dentro de la cárcel antes de ser condenados
- Ricky Martin dará un concierto en Galicia en 2024, adivina dónde
- El furor por el ramen llega a Santiago: así son los tres nuevos restaurantes que acaban de abrir sus puertas en el último mes
- El bingo de las Fiestas de la Ascensión: ocho planes que debes hacer sí o sí durante estas fechas en Santiago
- Los comerciantes se resignan con el actual plan de Sareb para la parcela del Peleteiro: "Es un fracaso político
- Declaran la guerra a eucaliptos y acacias en los montes de Barbanza