O Lab Barbanza de Boiro suma tres novas iniciativas empresariais

suso souto

O espazo de coworking Lab Barbanza, do Concello de Boiro, conta con tres novas empresas que van desenvolver alí os seus proxectos empresariais. Trátase dunha Start Up con enfoque tecnolóxico, orientada a mellorar os procesos industriais e de cultivo; unha empresa que vai desenvolver un proxecto que busca ofrecer servizos dende unha perspectiva ambiental responsable; e unha empresa de marketing off-line.

O Concello ofrécelle asistencia técnica con servizos de asesoramento e acompañamento ás empresas instaladas no espazo e a aquelas novas que desexen formar parte do coworking e que conten cun proxecto empresarial en fase de incubación ou preincubación.