Corenta pedras e amoado ecolóxico para elaborar as ricas filloas da Baña

Este anoa as filloas serán feitas cun producto cen por cen ecolóxico e máis de 1.800 litros de amoado. Foto: C. Baña

Este anoa as filloas serán feitas cun producto cen por cen ecolóxico e máis de 1.800 litros de amoado. Foto: C. Baña / redacción

Redacción

Cada ano máis e, sobre todo, mellor. A Festa da Filloa da Pedra da Baña celebra esta fin de semana a súa 19 edición recuperando os dous días de festa e, como gran novidade, cun produto 100% ecolóxico. Un total de 40 pedras daranlle forma a máis de 1.800 litros de amoado feito con 200 quilos de trigo do país, 220 ducias de ovos e 30 quilos de touciño cedidos polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Será precisamente o presidente do CRAEGA, Francisco López Valladares, quen este domingo lea o pregón dunha festa que xa arrincou o sábado coa inauguración oficial, presidida polo alcalde, Andrés García, e representantes das asociacións de filloas da Baña e Muimenta.