Veciños de Lucí protestan polo proxecto para crear no lugar un cemiterio de coches

Un grupo de veciños e veciñas de Lucí durante a protesta. g.

Un grupo de veciños e veciñas de Lucí durante a protesta. g. / redacción

Redacción

Baixo o lema Políticos! Queremos un parque en Lucí, non un cemiterio de coches no medio da aldea. Vergoña! tivo lugar a primeira reunión dos veciños desta parroquia teense. A convocatoria foi realizada debido aos “fundados indicios” de que o goberno local pretende convertir o aparcamento da Casa Común de Lucí nun “cemiterio de coches” para dar cabida a todos os vehículos abandonados.

“Hai uns meses xa causou profunda sorpresa na veciñanza a remodelación dese espazo, no que se realizou unha actuación de dubidoso gusto, tanto urbanístico como estético, cun recheo de area e a construción dun peche metálico con postes de formigón”, sinalan.

As ilusións da veciñanza de que por fin as familias tivesen alí un lugar de esparcemento onde compartir os momentos de ocio derrubáronse co paso das semanas, converténdose en indignación. Neste punto os veciños decidiron unirse para artellar unha serie de medidas destinadas a que o cemiterio de coches se leve a outro lugar no que as casas non se atopen a escasos metros del. Do contrario, anuncian que farán mobilizacións.