Un Entroido sen idade cheo de premios e xogos para toda a comarca

A verbena da Ponte triunfou no certame de Frades // En Negreira houbo festa con máis de 200 rapaces disfrazados // O grupo Princesas recicladas gañou na carpa do cocido de Lalín

Festival de Entroido infantil na carpa do Cocido de Lalín. concello de lalÍn

Festival de Entroido infantil na carpa do Cocido de Lalín. concello de lalÍn / Sol Elvira-Marcos Manteiga

A diversión que marca o Entroido segue a estender a súa maxia por toda a comarca, onde os certames, bailes e desfiles marcan a tónica nestes días para todas as idades.

O alcalde de Frades cun grupo de Harrys Potter premiado. Concello

O alcalde de Frades cun grupo de Harrys Potter premiado. Concello / Sol Elvira-Marcos Manteiga

Este foi o caso da festa infantil celebrada o luns na praza do Concello de Negreira, onde máis de 200 rapaces disfrazados pasárono coma poucas veces, nunva celebración baixo carpa con xogos, talleres e inchables que rematou co sorteo de regalos. En Ames foron as escolas infantís O Bosque e A Madalena as que presumiron recentemente de alumnado. No primeiro centro as temáticas dos disfraces foron distintos monstros, mentres que no segundo caracterizáronse de pallasos e arlequíns. Ambos centros gozaron dun Entroido moi participativo coa presenza de numerosas familias, que tamén se animaron a acudir disfrazadas.

Personaxes infantís na praza Macías de Padrón

Personaxes infantís na praza Macías de Padrón / Sol Elvira-Marcos Manteiga

Respecto da cativada de Padrón, gozou este luns dunha divertida festa de Entroido infantil e encheu a praza de Macías de criaturas dos contos, animais o superheroes, entre outros moitos divertidos e coloridos disfraces. Non perderon a cita personaxes tan coñecidos como Peppa Pig, os Minions ou Chase

Desfiles polas parroquias de Catoira.  concello

Desfiles polas parroquias de Catoira. concello / Sol Elvira-Marcos Manteiga

En Lalín a Carpa do Cocido acolleu o concurso de disfraces e a festa infantil de Entroido. O Concello repartiu 975 euros en premios, consistentes en vales de compra para o comercio local. Na categoría de grupos gañou Princesas recicladas. Na categoría individual, en adultos, la recreación dun bote de chicles de Yolimar Sierra foi a vencedora

Parte do alumnado da escola amesá A Madalena. Concello

Parte do alumnado da escola amesá A Madalena. Concello / Sol Elvira-Marcos Manteiga

A Estrada encheuse de música e cor o tradicional concurso de disfraces e o espectacular desfile que percorreu as rúas da localidade pontevedresa. Comparsas chegadas de distintos puntos de Galicia participaron no desfile que animou aos veciños e veciñas a salir as rúas. O humorista Isi foi o encargado de conducir o desfiles, que partió da praza da Feira e percorreou parte de Calvo Sotelo e Justo Martínez.

Desfile polas parroquias de Cuntis. CONCELLO

Desfile polas parroquias de Cuntis. CONCELLO / Sol Elvira-Marcos Manteiga

En Catoira participaron no desfiles grupos chegados de distintos puntos da comunidade, con divertidas mensaxes. E no que atinxe a Cuntis, viviu un San Carnal moi trouleiro e que antecede a sua Festa do Lacón co grelos.

E xa en Frades, o pavillón polideportivo de Ponte Carreira volveu acoller un Concurso de Disfraces, despois da súa desaparición nos últimos tres anos debido á pandemia sanitaria. “Quizais por iso, esta foi un dos entroidos máis participativos e divertidos dos últimos tempos no que máis de cincocentas persoas desfrutaron dun divertido e competido Concurso de Disfraces”, apuntaban dende a organización.

Foi unha festa que se prolongou por máis de catro horas e na que as persoas participantes tiveron á súa disposición inchables, música, un fotomatón de Entroido e obradoiros para os máis pequenos. Durante toda a xornada, o Concello de Frades convidou aos presentes a flocos de millo e a chocolate quente con bica. Así mesmo, ao rematar o Certame de Disfraces, todos os cativos levaron cadansúa bolsa de lambonadas.

Ao respecto do Concurso de Disfraces, repartíronse 1.200 euros en premios entre os 23 participantes nas distintas categorías. Na modalidade de grupo houbo pleno de Frades, e os grandes gañadores da noite foron os integrantes da comparsa A verbena da Ponte (Gafoi), que levaron un galardón de trescentos euros. Tamén houbo tres premios especiais á tres grupos locais, con Cascarolilia á cabeza.

Na categoría adultos completouse cos galardóns concedidos a A nova vida de Carlos de Inglaterra (Curtis) e Hippies (Frades), que levaron 100 e 50 euros. Finalmente, na sección infantil o primeiro premio foi para Magos de Frades, seguidos de Bombeiros máis Policías, Espaguetis con carne (Frades) e Pintoras (A Coruña). Entregaron os galardóns o mandatario local e máis catro edís.