Entroido 2023

A guerra de Ucraína protagoniza a batalla dos Xenerais de Fao

A tradicional Antroidada de Touro non defradudou a súa volta trala pandemia // Na Laracha e en Laxe houbo desfile de comparsas e tamén de disfraces

Os xenerais da Ulla de Fao na súa batalla dialéctica.

Os xenerais da Ulla de Fao na súa batalla dialéctica. / CONCELLO DE TOURO

Redacción

A guerra en Ucraína protagonizou este ano a batalla dialéctica dos Xenerais da Ulla de Fao na súa tradicional Antroidada 2023. Esta parroquia de Touro, tras dous anos sin celebracións a causa da covid19 volveu a disfrutar do Entroido. “Ucrania ha sido atacada / por el ejército ruso / sin piedad ni compasión / como Putin lo dispuso”, dixo un xeneral no campo da festa de Fao, onde a partir das 17.00 horas concentráronse os xinetes, que luciron os seus vistosos e coloridos traxes da época napoleónica.

A comparsa ‘As chilindradas de Vilaño’ foi a gañadora na Laracha. C. L.

A comparsa ‘As chilindradas de Vilaño’ foi a gañadora na Laracha. C. L. / redacción

Aínda que había nubes, non choveu durante a celebración da Androidada, que rexistrou unha nutrida presencia de veciños e forasteiros que foron situándose baixo a carpa. “Ya casi ha pasado un año / y no cesan los combates / los muertos son incontables / que tremendo disparate”, dixo gritando un dos Xenerais dende o centro do campo da festa, onde se concentraron os xinetes. “Hay que reaccionar señores / consentir más no podemos / a esos hechos deleznables / poner pronto fin debemos”, contestoulle outro uniformado. E non tardou en chegar a réplica. “Ucrania no se amilana / lucha con uñas y dientes / le sobran valor y audacia / a sus tropas y a sus gentes”. E o mesmo xeneral apuntou de novo: “Gran Bretaña nos apoya / con tanques y armamento / también la Unión Europea / interviene en este evento”. A Antroidada comenzou pasadas as 17.00 horas, e o campo da festa de Fao comenzou a recibir á xente disfrazada. O espectáculo rematou co Enterro do Antroido.

Concursantes no certame de disfraces celebrado en Cabana. c. cabana

Concursantes no certame de disfraces celebrado en Cabana. c. cabana / redacción

En Costa da Morte, o II Certame Participativo de Entroidos de Laxe xuntou un gran número de máscaras e disfraces. Os mellores foron agasallados con premios. Na categoría individual infantil a gañadora foi a Dama do Carnaval Veneciano, mentres que na de grupos foron premiadas as Paiasas do Mareira e a comparsa vencedora foi Tribu.

Os xenerais da Ulla de Fao na súa batalla dialéctica. concello de touro

O Concello de Muxía organizou un obradoiro de postres de Entroido. / redacción

Na Laracha celebraron tamén un concorrido e aplaudido concurso no que foron premiadas as comparsas As chilindradas de Vilaño, Carnaval de Venecia e O retorno da alegría. Na categoría de grupos, os gañadores foron As góndolas por A Laracha, Atrapa o boneco e Tragabolas; e na de grupos Transformers, Canto ajuante! e A vida no mar. Tamén houbo premios para os disfraces individuais, resultando gañadores en adultos O cura cabezón, Parodia dunha triste realidade e Torrente; e na categoría infantil Café con aroma de mujer, Garuda e Coello de Pascua.

Unha xenerala na batalla dialéctica de Fao. concello de touro

Unha xenerala na batalla dialéctica de Fao. concello de touro / redacción

O xurador estivo formado por Raúl Toba (AC Santa María de Torás), Eva Ramos (Club Salvamento Acuático Laracha SAL), Sergi Pena (AC Adro de Vilaño), Miguel Varela (AC Fonte da Virxe de Estramil) e Amalia Vieites (profesora de manualidade e pintura do programa local).

En Cabana despediron o Entroido con troula, música e diversión. O pavillón municipal acolleu un concurso de comparsas e un desfile de disfraces infantís, e non faltaron os doces típicos destas datas, ofrecidos por panaderías locais. A animación músical puxérona o trío Karma e a Disco Móvil Impacto.

Pola súa banda, en Muxía os máis novos están a desfrutar estes días de obradoiros de conciliación, nos que aprenden, entre outras cousas a elaborar doces de Entroido.