Eliminan un punto de verteduras ó río Ulla conectando á rede de saneamento a 35 vivendas en Quintáns

Foto del núcleo de Quintáns, en Rianxo.

Foto del núcleo de Quintáns, en Rianxo. / Concello de Rianxo

ECG

O Concello de Rianxo adxudicou á empresa Mecano as obras para a instalación das redes de saneamento e de abastecemento de auga no lugar de Quintáns, en Isorna, que beneficiarán a 35 vivendas que se conectarán á depuradora existente eliminando así unha zona de risco de verteduras ó río Ulla. O investimento é de 215.277 euros.

Os traballos inclúen a instalación dun pozo de bombeo para conducir á rede xeral unhas oito vivendas que quedaban nunha cota máis baixa que a rede existente na actualidade.

Por outra banda, as obras para a ampliación da rede de abastecemento de auga no lugar de Corques, na parroquia de Taragoña, foron adxudicadas a Excavaciones Midon S.L. por 99.751 euros. A actuación beneficiará a 25 vivendas cubrindo toda a aldea desde o depósito existente de Taragoña e suporá asimesmo achegar a traída municipal á beira da estrada autonómica AC-305, co que se permitirá abordar o futuro enganche para levar ata o núcleo do Araño a rede a través deste vial.