O concurso de Entroido de Padrón xuntou a preto de mil persoas e repartiu 5.400 €

Desfile de comparsas e disfraces na tarde do sábado polas rúas da vila de Padrón. concello de padrón

Desfile de comparsas e disfraces na tarde do sábado polas rúas da vila de Padrón. concello de padrón / redacción

Redacción

A vila de Padrón despediu o Entroido por todo o alto cun concorrido concurso e desfile polas rúas da capital municipal. Fontes do Concello cifran en preto de mil as persoas que participaron no certame, entre carrozas, comparsas, grupos, disfraces individuais e por parellas “convertindo á edición deste ano nunha das máis multitudinarias”, subliñan.

Os gañadores nas distintas categorías repartíronse máis de 5.400 euros en premios.

Outra das citas multitudinarias tivo lugar en Buño (Malpica de Bergantiños), onde centos de persoas, a maioría mozos, gozaron dunha nova edición da queima da Mikaela. A comitiva fúnebre percorreu varios espazos da vila oleira e a xornada estivo amenizada, dende o mediodía, coa música de distintos grupos e un amplo cartel de Dj’s.