Brión e Carballo entran no destino ‘A Coruña termal’ creado pola Deputación
A Deputación da Coruña aspira a consolidar a provincia como un destino galego de referencia en materia de termalismo. Paro iso impulsa A Coruña termal, un Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) que unirá as tres vilas termais da provincia (Carballo, Brión e Arteixo) nun proxecto que se presenta aos fondos europeos Next Generation cunha solicitude de capital que supera os 2 millóns de euros. Así o explicou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, na xuntanza que mantivo no balneario da capital bergantiñá con representantes do sector. “O que pretendemos é facer da auga un elemento que sirva como relato turístico para o territorio. Trátase de recuperar e crear infraestruturas sostibles e de deseñar novos produtos turísticos de base termal”, dixo. A proposta inclúe actuacións conxuntas e individuais, adaptadas a cada municipio. A rehabilitación ambiental da contornas da fonte termal de Soigrexa e do Balneario do Tremo (Brión) e unha intervención con xeotermia no balneario de Arteixo son algunhas delas.
Temas
Más en Área
-
Ames es el municipio que más jóvenes sumó en la provincia en los últimos veinticinco años, con un total de 4.304 vecinos
-
Diecisiete mayores de Boqueixón avanzan en el curso dedicado a la tecnología y su uso práctico en su día a día
-
Vila de Cruces destina 4,5 millones a su Servizo de Axuda no Fogar por tres años, ampliables a cinco
-
El Pazo da Peregrina de Ames acoge la cena benéfica que busca mejorar la investigación y atención a enfermos pediátricos