Alertan sobre as repercusións dun aproveitamento hidroeléctrico no río Tambre en Brión

Tito Souto, izquierda, y Xosé Penas, ediles del BNG de Brión.

Tito Souto, izquierda, y Xosé Penas, ediles del BNG de Brión. / BNG

Redacción

O BNG de Brión rexistrou en Augas de Galicia as alegacións que recolleu contra a balsa reversible que se prevé construír na parroquia de Cornanda para un aproveitamento hidroeléctrico no río Tambre.

O Bloque alega que “o encoro interrumpe o curso do río e impide o desprazamento natural de multitude de organismos, entre eles peixes migradores como salmóns, anguías e lampreas, que dende a construción da presa existente desapareceron da conca do Tambre”. “Haberá que estudar que facer ca presa actual cando rematen as concesións e non hipotecar o futuro do río Tambre sen un estudo serio e contraste de alternativas”, din.