Síguenos en redes sociales:

As comarcas tamén se empoderan para avanzar en igualdade

Os concellos celebran o 8-M con teatro, andaianas, portas violetas, premios a colectivos e a exaltación do traballo das mulleres do rural

As comarcas tamén se empoderan para avanzar en igualdade

Os concellos de Área de Compostela empoderóronse e tinguíronse de violeta para desplegar a pancarta neste 8-M e o berro da necesidade de avanzar cara a igualdade real entre homes e mulleres. Teatro, andainas, premios a colectivos de mulleres como as do rural e incluso a inauguración dunha praza co nome de Igualdade foron algúns dos actos cos que as comarcas celebraron o Día da Muller.

Mulleres de Seu organizou unha xornada de homenaxe no centro sociocultural de Melide /.Mulleres de seu

En O Sar celebrouse unha nova edición de #Rumorosas, unha homenaxe que o goberno municipal lle vén rendendo nos últimos anos ás padronesas máis sobranceiras. Tamén houbo teatro con Nomás besos, coas actrices Lara Dibildos e Miriam Vázquez como protagonistas. Así conmemoraron en o Día da Muller en Padrón, vila que conta dende este 8 de marzo cunha praza dedicada á igualdade.

Rois conmemorou o 8M cun acto no que destacou a reivindicación do papel social da muller rural. Tanto a presentación do filme Rois, m8ita muller como a declaración institucional incidiron na importancia deste colectivo. A concelleira Mercedes Basante foi a encargada de ler o manifesto que incide na necesidade de igualar as condicións laborais e de apostar pola educación en igualdade. A entrega de premios do concurso de carteis e un espectáculo contra os estereotipos de xénero completaron a programa.

Acto inaugural da Ruta 8M en Vimianzo /c. vimianzo

O Concello de O Pino sumouse ao Día da Muller coa apertura dunha porta de madeira de cor violeta como símbolo da loita e o avance en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Así o manifestou o alcalde, Manuel Taboada Vigo, durante a lectura da declaracion institucional do 8M; un acto no que estivo acompañado pola xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Judit Fontela Baró, e a concelleira de Cultura, Eva Varela. Taboada indicou que esa loita pola igualdade “debe estar presente na axenda administrativa local” e subliñou a “necesidade de seguir impulsando cambios estruturais e sociais para lograr unha igualdade de xénero efectiva”.

Apertura da porta violeta en O Pino /c. de o pino

Pola súa banda, a asociación Mulleres de Seu, que traballa polo apoderamento feminimo no rural, e naceu hai 10 anos impulsada pola Cooperativa Rural Galega CLUN, con sede en Ames, celebrou unha xornada no centro sociocultural de Melide como homenaxe ao papel relevante da muller rural na economía social en Galicia. Nesta iniciativa colaboraron a Consellería de Emprego e Igualdade, o Concello de Melide e Agaca -Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias-. Ao encontro asistiron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.  

En Costa da Morte, o Concello de Vimianzo presentou a Ruta 8M, unha viaxe polo pasado coas mulleres locais como protagonistas. Trátase dun percorrido circular de seis quilómetros, con pausas nas que se pon en valor a figura das mulleres vimiancesas.As persoas que realicen o percorrido poden somerxerse en cada vivencia a través dos códigos QR instalados nos paneis de cada pausa.

EnMalpicarenderon homenaxe ás emprendedoras locais “que tiveron a coraxe de abrir o seu propio negocio con moito tesón e esforzo”. Ao longo da semana o Concello publicará os testemuños desas mulleres a través das súas redes sociais.

Pola súa banda, veciñas de Ponteceso e Cabana de Bergantiñosgozaron da xornada do 8M en Santiago de Compostela. Desfrutaron de visitas guiadas pola capital de Galicia. As cabanesas e usuarias da Asociación Íntegro fixeron un percorrido polo casco histórico. A finalidade da xornada foi seguir as pegadas das mulleres que fixeron historia en Compostela como María Balteira, Rosalía de Castro ou as dúas Marías.

O alcalde da Pobra e dúas concelleiras coas usuarias e usuarios do centro de día do municipio /c. de A Pobra

E na Pobra do Caramiñal, Vicenta Pardavila, Maruja Fernández, Carmen García, Aurora González e Antonia Romero protagonizaron un vídeo promovido polo centro de día no que relatan as súa traxectoria profesional en distintos sectores: industria conserveira, alimentación, hostalaría, drogaría e emprego no fogar.

Pulsa para ver más contenido para ti